Estromatolito
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os estramatolitos son estruturas rochosas e porosas finamente laminadas, produto da actividade metabólica de microorganismos, en especial algas unicelulares e cianobacterias que se desenvolve en augas tranquilas e pouco profundas.
Os estromatolitos foron máis abondosos na era Precámbrica, cando a atmosfera era rica en dióxido de carbono, pero pobre en osíxeno. Declinaron no Paleozoico e son raros na época actual, aínda que se poden ver na baía de Shark, Australia.