Eurozona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A eurozona ou zona euro é unha rexión europea que agrupa aos países da Unión Europea que teñen como moeda oficial o euro (€). O Banco Central Europeo é o responsábel da política monetaria na zona euro.
A eurozona foi creada en 1999 por 11 países da Unión Europea. No 2001 a cifra aumentou de 11 a 12 países grazas a que se uniu Grecia.
Os 12 países membros da zona euro son: Alemaña, Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos e Portugal.
Ademáis destes 12 países existen outros fora da Unión Europea que tamén teñen o euro como moeda única. Entre eles están Mónaco, San Mariño, Cidade do Vaticano (que emiten os seus propios euros grazas a que teñen acordos legais coa Unión Europea), Andorra (ten acordos legais coa Unión Europea pero non emite euros propios), Kosovo e Montenegro (non teñen acordos legais coa Unión Europea).
Os países da Unión Europea que non están na eurozona son: Dinamarca, Reino Unido e Suecia.