Extraterrestre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un extraterrestre sería un ser vivo orixinario de fóra da Terra e da súa atmosfera.
A pesar de que moita xente afirme telos coñecido, ou incluso ser un deles, non existe na actualidade ningunha proba fiable que confirme a existencia de vida extraterrestre.
Os extraterrestres son, a miúdo, personaxes de historias de ciencia ficción. Nelas, adoita haber civilizacións extraterrestres moi avanzadas, e que frecuentemente visitan a Terra con fins que poden ser pacíficos (pero experimentais), ou ben hostís.
Na linguaxe popular, un sinónimo de "extraterrestre" é "marciano", ou habitante de Marte. No entanto, os extraterrestres non teñen por que proceder de Marte.
Actualmente estase levando a cabo unha investigación científica para demostrar a presenza de vida no cosmos, é o chamado proxecto SETI, dedicado a rastrear o espazo con radiotelescopios, á espera de captar algún sinal non natural ou mensaxe procedente de seres intelixentes.
Debido a este afán por entrar en contacto con seres extraterrestres, os seres humanos tamén temos enviado en diversas ocasións sinais ou incluso obxetos ó espazo, á espera de que algunha civilización non terrícola nos descubra e poida pórse en contacto con nós.
Na sub-cultura estadounidense "extraterrestre" dise alien, que é como se denomina á xente que ven de foóra, (inmigrantes). A palabra "alien" é un termo legal dentro das leis de Estados Unidos para denotar a non-cidadáns do país.
A partir deste concepto creáronse novelas en forma politicamente correcta para falar de inmigrantes dentro dos Estados Unidos, sen facelo de forma directa.
A maioría das películas e series de televisión sobre "Extraterrestres" teñen o dobre sentido de falar sobre inmigrantes: "Alien", "E. T.: o extraterrestre", "Alf", "Men In Black", "A Guerra dos Mundos", etc.
Tamén existen outras teorías que afirman que existen seres distintos a nós, pero "dentro" da nosa terra, os chamados "intraterrestres" que habitarían nas profundidades do noso planeta dende millóns de anos antes que aparecera o home das cavernas.