Fosa abisal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A fosa abisal é a zona mariña que contén a zona onde non chega a luz e que se corresponde con profundidades superiores ós 2.000 ou 6.000 metros. A súa fauna ten que soportar as presións inmensas das profundidades do océano. Estas rexións caracterízanse tamén polo frío continuo e a escasez de alimentos.