Fouce e martelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A fouce e martelo é un símbolo empregado para representar ó comunismo e ós [partidos políticos comunistas. O deseño presenta unha fouce sobreposta a un martelo, de forma que semellan cruzados ou entrelazados. As dúas ferramentas simbolizan, respectivamente, o proletariado industrial e o campesiñado; as dúas clases cuxa alianza é considerada fundamental polos marxistas-leninistas para o trunfo da revolución socialista.
O emblema é mais coñecido por ter sido incorporado á bandeira vermella da Unión Soviética, así como a cada unha das súas repúblicas constituíntes, cabo da Estrela Vermella.
Índice |
[editar] Uso soviético e ruso
Dende 1917, ca Revolución Rusa, a fouce e martelo (en ruso, серп и молот, serp i molot) tornouse un dos símbolos da República Socialista Soviética Federada de Rusia (RSFSR). Inicialmente, era utilizada tan só no escudo da república, xa que a unión entre obreiros e campoesiños fora declarada a base do Estado, e nos símbolos do Exército Vermello (creado no 1918).
Máis tarde, foi incorporado á bandeira da Unión Soviética, adoptada en 1923 e oficializada na Constitución Soviética de 1924, así como nas bandeiras das repúblicas soviéticas a partires de 1924. Antes diso, as bandeiras das repúblicas soviéticas xeralmente eran vermellas, co nome da respectiva república escrito en dourado , tal como estabelecía a Constitución Soviética de 1918.
- O escudo de armas da Unión Soviética e os escudos das repúblicas soviéticas empregaban a fouce e martelo, como no emblema do uniforme e das fardas dos soldados do Exército Vermello e en diversos outros distintivos.
- A fouce e martelo sobreposta a un par de ás estilizadas era o logo da compañía aérea nacional soviética, a Aeroflot. Mesmo após da fin da URSS, a actual Aeroflot de Rusia continúa a utilizar o símbolo.
- Serp i Molot é o nome da planta metalúrxica de Moscova.
- Serp i Molot é o nome dunha estación ferroviaria de Kursk.
Os partidos comunistas afiliados ó Komintern e ó Kominform (que seguían a orientación de Moscova), e aínda os que se aliñaban a Pequín após o cisma sino-soviético, tenden a empregar a fouce e martelo ou emblemas similares nas súas simboloxías. Mentres, até mesmo partidos comunistas opostos tanto ás directrices da Unión Soviética como da China empregaban a foice e martelo como símbolo (a pesares de, por veces, faceren leves modificacións estilísticas no deseño). Así, a fouce e martelo tornouse símbolo universal do comunismo, independentemente da orientación da tendencia ideolóxica
[editar] Partidos políticos
En diversos países do mundo, a fouce e martelo é de uso exclusivo dos partidos políticos comunistas, adoptado pola inmensa maioría deles. Aínda que tamén algúns partidos comunistas abandonaron ou nunca utilizaron este símbolo.
[editar] Outros símbolos similares
Algúns símbolos comunistas gardan semellanza estilística ou formal ca fouce e martelo, sen necesariamente representar unha fouce e un martelo. Exemplos desto aparece na bandeira de Angola, no logo do Partido Comunista Português, do Partido Comunista dos EUA, e nalgunhas representacións do logo da central sindical británica Transport and General Workers Union.
Outras variacións sobre o mesmo tema de ferramentas cruzadas inclúen o símbolo do Partido dos Traballadores Coreanos (martelo, pincel e fouce), o antigo símbolo do Partido Laborista Británico (espada, pala e azada), e o símbolo da piqueta e fusil da Albania comunista.
As correntes ideolóxicas trotskistas, principalmente as organizadas sobre a IV Internacional, utilizan uma versión invertida da fouce e martelo.
O escudo de Austria mostra unha aguia apreixando unha fouce nunhagarra e un martelo na outra, sen cruzalos. A pesares de non ter ningunha relación co comunismo, o deseño fíxose para representar obreiros e campesiños, as dúas principais clases sociais na sociedade austríaca na época de sua concepción.
No Unicode, o símbolo "fouce e martelo" obtense polo código U+262D (☭).
[editar] Ligazóns externas
- Materia da BBC sobre iniciativas para prohibir a fouce e martelo
- Bandeira do Partido Comunista de Corea do Norte Partido dos Traballadores Coreanos (que usa fouce, pincel e martelo)
- Website da metalúrxica Serp i Molot - (en ruso)