Godos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os godos foron un pobo xermánico que, procedente da rexión costeira báltica, emigrou ós territorios limítrofes e á provincia romana de Dacia no século III.
Índice |
[editar] Invasións
Tralas invasións hunas, os godos dividíronse en ostrogodos, que nos séculos posteriores seguiron invadindo a parte oriental do Imperio Romano e acabaron formando un reino en Italia; e visigodos, que saquearon Roma e tras isto lograron acordaron un foedus (pacto) co Imperio Romano que lles permitiu asentarse en Francia, naquel momento chamada Galia, e posteriormente, por causa dunha derrota contra os Francos, fuxiron a Hispania, onde crearon un reino que se extendía por case toda a Península Ibérica.
As súas invasións, coma a de tantos outros pobos xermánicos, víronse causadas pola presión dos hunos e doutros pobos procedentes de Asia que nesta época invadiron Europa.
[editar] Relixión
A súa relixión era nun principio, pagá, pero axiña se converteron ó cristianismo, e máis concretamente ó arrianismo, herexía que posteriormente foi perseguida polo Imperio Romano, razón pola cal ós romanos, católicos na súa enorme maioría (excepto en [[Siria]e Exipto, onde a confesión máis importante era o monofisismo), os godos non lles caían nada en gracia.
Antes de ser cristiáns, os godos causaban pánico ós seus inimigos, pois os que acadaban capturar eran sacrificados a diversos deuses, especialmente ó da guerra, Tyz.
[editar] Economía
O dos godos era un pobo agrícola e gandeiro. Sen embargo, unha vez que se asentaron nos territorios que previamente invadiran e conquistaran, se converteron na clase dominante, na nobreza, deixando a maioría dos traballos ós pobos conquistados. Non se mesturaron momentaneamente con estes pobos, senón que conformaron unha sociedade endogámica.