Impresora
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dispositivo periférico que serve para converter información dixital en información impresa.
A velocidade de impresión mídese polo número de carácteres por segundo e pola cantidade de páxinas por minuto que pode imprimir a impresora. A calidade de impresión ou resolución da impresora mídese pola cantidade de puntos por polgada que pode imprimir.
A impresora conéctase ao ordenador por medio dun porto paralelo ou os máis recentes mediante USB.
[editar] Tipos
- Impresora de matriz de puntos, é un tipo de impresora de impacto no que se realiza a impresión ao bater a cabeza contra unha cinta impregnada de tinta. Non poden imprimir gráficos ou imaxes, e aínda que moi rápidas, son tamén moi ruidosas.
- Impresora de inxección de tinta, é o tipo de impresora máis común entre os particulares e no pequeno negocio.
- Impresora láser, funciona de xeito semellante a unha fotocopiadora