In medias res
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
in medias res é unha expresión latina que significa "no medio das cousas" e que designa unha técnica narrativa consistente en iniciar unha narrativa nun momento posterior ao do inicio da acción, normalmente nun momento crucial. Isto permítelle ao narrador moverse para tras e para diante no tempo entre acontecementos interrelacionados.
A orixe da expresión está na Ars Poética de Horacio:
- Semper ad eventum festinat et in medias res
- Non secus ad notas auditorem rapit
("Sempre se apresura cara o asunto e apremia aos ouvintes no medio da historia como se xa a coñecesen")
Os exemplos máis coñecidos son A Ilíada e A Odisea de Homero e Paraíso Perdido de Milton.
Se a historia comeza desde o comezo dos acontecementos que narra dise que se inicia ab ovo