Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial é un organismo público de investigación de España, especializado na investigación e desenvolvemento tecnolóxico aeroespacial, que depende do Ministerio de Defensa.
Índice |
[editar] Funcións
- A adquisición, mantemento e mellora continuada de todas aquelas tecnoloxías de aplicación no ámbito aeroespacial.
- A realización de todo tipo de ensaios para comprobar, homologar e certificar materiais, compoñentes, equipos, subsistemas e sistemas de aplicación no campo aeroespacial.
- O asesoramento técnico e a prestación de servizos a entidades e organismos oficiais, así como a empresas industriais ou tecnolóxicas.
- Actuación como centro tecnolóxico do Ministerio de Defensa.
[editar] Programas de alta tecnoloxía
Entre os seus programas de alta tecnoloxía conta:
- Posta en órbita de minisatélites e nanosatélites.
- Desenvolvemento de avións non tripulados.
- Radares de apertura sintética.
[editar] Participación en empresas
Co obxecto de flexibilizar a súa actividade no campo industrial, o INTA ten a propiedade total da compañía INSA, que proporciona servizos técnicos especializados en campos da máis alta tecnoloxía, desenvolvendo actividades relacionadas coa enxeñería aeronáutica e espacial.
Ademais, como instrumento do Ministerio de Defensa, tamén participa en empresas privadas do ámbito espacial. Así, forma parte da empresa HISPASAT cun 16,42% e das novas empresas creadas para facer posible o futuro sistema de comunicacións por satélite para a Defensa, HISDESAT e XTAR cunhas porcentaxes respectivas do 37,6% e do 16,3%.
[editar] Persoal
O cadro de persoal do INTA está formado por máis de 1.200 persoas, das cales aproximadamente un millar dedícase a actividades de I+D. Máis do 40% do persoal do Instituto ten acreditada algunha titulación universitaria.
Ademais, o Instituto leva a cabo un intenso labor de formación de técnicos e científicos, tanto do seu propio persoal coma de bolseiros, como número supera o centenar, a maioría, titulados superiores e, aproximadamente, a metade doutores.
[editar] Actividades
A actividade científico-técnica do Instituto articúlase en torno a un centenar de proxectos de investigación (dos cales unha terceira parte renóvase anualmente).
Máis da metade dos recursos económicos do INTA (aproximadamente o 60%) destínase á realización de actividades de desenvolvemento tecnolóxico, unha terceira parte a investigacións aplicadas, e o resto a accións de investigación básica.
[editar] Tecnoloxías
As áreas tecnolóxicas fundamentais desenvolvidas polo INTA están relacionadas coa: tecnoloxía aeronáutica ( 40% ), tecnoloxía espacial (46%), repartíndose o resto entre diferentes tecnoloxías dos ámbitos da enerxía, o medio ambiente, a automoción e a seguridade no transporte, aos que, en conxunto, destínase o 14% do orzamento.
[editar] Servizos á industria
O INTA proporciona asesoramento técnico e presta servizos a Organismos Públicos e empresas industriais e tecnolóxicas. Os ingresos procedentes destas actividades financian a quinta parte do orzamento do Instituto.
Destes ingresos, a terceira parte provén dos contratos con entidades estranxeiras, maioritariamente europeas (primordialmente a Axencia Espacial Europea). O resto dos ingresos proceden dos traballos realizados á industria española, aproximadamente outra terceira parte, e a outros organismos da AGE, principalmente ao Ministerio de Defensa