Isabel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Isabel segundo o Novo Testamento era a nai de Xoán Bautista.
Segundo o Evanxeo de Lucas Isabel descendía de Aharón o sacerdote (Lucas 1:5). Ela e o seu marido Zacarías eran xustos ante Deus, pois gardaban os seus mandamentos, pero non tiñan fillos. O arcanxo Gabriel visitou a Zacarías para lle anunciar que a súa muller tería un fillo que sería grande ante o señor.
Cando Isabel estaba preñada recibiu a visita de María, a súa curmá, que tamén estaba embarazada de Xesús. Ó Isabel ouvi-lo saúdo de María o neno que tiña no ventre brincou e Isabel chea do Espírito Santo exclamou: "Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre" (Lucas 1:42) (palabras que se recolleron posteriormente no Ave María)
Isabel é santa nas tradicións católica, ortodoxa e anglicana. A Igrexa Católica celébraa o 5 de novembro.