Izquierda Unida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Izquierda Unida é unha organización política española. Segundo os seus estatutos, é un movemento político, social e cultural que se conforma nunha organización, política e xuridicamente soberana, que ten como obxectivo transformar gradualmente o sistema capitalista económico, social e político, nun sistema socialista democrático, fundamentado nos principios de xustiza, igualdade e solidariedade, organizado en forma dun Estado de dereito federal e republicano. Foi creada ao redor das mobilizacións contra o ingreso de España na OTAN en 1986. Inicialmente foi formada polo Partido Comunista de España (PCE), o Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), Partido de Acción Socialista (PASOC), Izquierda Republicana (IR), a Federación Progresista (FP), o Partido Carlista e o Partido Humanista, así como independentes. Gradualmente estes partidos foron marchando de IU e actualmente está constituída polo PCE, Colectivo de Unidad de los Trabajadores, Iniciativa Socialista de Izquierdas e as correntes de opinión Espacio Alternativo e Corriente Roja. En Cataluña IU non actúa, o seu referente político alí Esquerra Unida i Alternativa é unha organización soberana.
[editar] Funcionamento interno
Ten ó redor de 70.000 afiliados. O seu responsable máximo é o Coordinador Xeral, actualmente Gaspar Llamazares e anteriormente Gerardo Iglesias eJulio Anguita.
IU ten unha organización federal da que forman parte quince federacións que teñen unha denominación específica:
- en Andalucía, Izquierda Unida - Los Verdes Convocatoria por Andalucía;
- en Galiza Esquerda Unida-Izquierda Unida;
- no País Valenciano Esquerra Unida del País Valenciá;
- en Baleares Esquerra Unida de les Illes Balears;
- en Navarra Izquierda Unida de Navarra-Nafarroako Ezker Batua;
- en Aragón Izquierda Unida de Aragón;
- en Castela-A Mancha Izquierda Unida - Izquierda de Castilla La Mancha;
- en Canarias Izquierda Unida Canaria;
- en Asturias Izquierda Unida de Asturias - Izquierda Xunida d'Asturies;
- en Cantabria Izquierda Unida de Cantabria;
- en Estremadura Izquierda Unida - Compromiso por Extremadura;
- en Castela e León Izquierda Unida de Castilla y León;
- en Ceuta Izquierda Unida de Ceuta;
- en A Rioxa Izquierda Unida de La Rioja;
- en Madrid Izquierda Unida Comunidad de Madrid;
- en Melilla Izquierda Unida de Melilla; y
- en Murcia Izquierda Unida de la Región de Murcia.
Ademais existen dúas organizacións soberanas federadas a IU: Ezker Batua no País Vasco e Esquerra Unida i Alternativa en Cataluña.
[editar] Resultados electorais
Eleccións | Votos | Porcentaxe | Representantes |
1986 Xerais | 935.504 | 4,63% | 7 deputados |
1987 Municipais | 1.399.364 | 7,18% | 2.315 concelleiros |
1987 Europeas | 1.011.830 | 5,25% | 3 eurodeputados |
1989 Xerais | 1.858.588 | 9,07% | 17 deputados |
1989 Europeas | 961.742 | 6,06% | 4 eurodeputados |
1991 Municipais | 1.579.097 | 8,38% | 2.614 concelleiros |
1994 Europeas | 2.497.671 | 13,44% | 9 eurodeputados |
1995 Municipais | 2.589.780 | 11,68% | 3.493 concelleiros |
1996 Xerais | 2.639.774 | 10,54% | 21 deputados |
1999 Municipais | 1.387.900 | 6,52% | 2.295 concelleiros |
1999 Europeas | 1.221.566 | 5,77% | 4 eurodeputados |
2000 Xerais | 1.263.043 | 5,45% | 8 deputados |
2003 Municipais | 1.394.871 | 6,68% | 2.198 concelleiros |
2004 Xerais | 1.284.081 | 4,96% | 3 deputados |
2004 Europeas | 643.136 | 4,15% | 1 eurodeputado |
[editar] Ligazóns Externas
Partido do Socialismo Democrático | Partido Comunista de Austria | Izquierda Unida | Partido Comunista de España | Esquerra Unida i Alternativa | Partido Laborista Socialdemócrata Estonio | Partido Comunista Francés | Coalición de Esquerda, de Movementos e Ecoloxía | Partido Laborista (Hungría) | Partido da Refundación Comunista | Partido do Socialismo Democrático (República Checa) | Partido da Alianza Socialista | Refundación Comunista (San Marino) |