Jim Craig
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
James Philip Craig, coñecido polos seus achegados coma Cairney, nace na metrópole escocesa de Glasgow o 7 de maio do 1943.
Foi un dos Lisbon Lions, que no 1967 acadaron pró Celtic a Copa de Europa fronte ó Inter de Milán. Chegara ó Celtic asinando un contrato de amater no 1963 pra converterse en profesional o 7 de xaneiro de 1965. Dende entón e deica o seu retiro vestiu a camisola verdibranca nun total de 231 ocasións metendo 6 goles. Este xogador escocés desenvolvía a demarcación de lateral dereito.
A pesares dos grandes fitos acadados co Celtic, só puido te-la oportunidade de xogar pra a Selección escocesa de fútbol nunha ocasión sendo un encontro de clasificación pra a Eurocopa de 1968 contra o País de Gales co resultado final de 3-2 prós escoceses.
É rechamante o feito de que despois de pasaren unhos anos dende a consecución da Copa de Europa se retirara do fútbol pra adicarse enteiramente ó seu grande soño, ser odontólogo.