José María Aznar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José María Aznar | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | José María Aznar López | ||
Data de nacemento: | 25 de febreiro de 1953 | ||
Lugar de nacemento: | Madrid, España | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Partido político: | Alianza Popular (despois Partido Popular) | ||
Cargo(s): | Presidente do Goberno (1996 - 2004) Preidente da Xunta de Castela e León (1987 - 1989) |
||
Profesión: | Político e avogado |
José María Aznar López (nado o 25 de febreiro de 1953 en Madrid) foi o cuarto presidente do goberno español dende a democracia. O seu mandato durou dende o 4 de maio de 1996 ata o 17 de abril de 2004.
Estudou dereito na Complutense de Madrid, licenciandose no 1975, ó ano seguinte aprobou as oposicións de inspector de Facenda e en 1977 casou con Ana Botella. O 27 de xaneiro de 1979 afiliouse a Alianza Popular de Logroño, onde residía e o 6 de outubro era elixido secretario xeral do PP da Rioxa. Elixido deputado no Congreso nas eleccións de 1982 por Ávila. En 1985 foi elixido presidente de AP en Castela e León e dende 1987 ata 1989 exerceu o cargo de presidente da xunta de Castela e León. Cando en xaneiro de 1989 o seu partido pasou a chamarse Partido Popular, Aznar foi elixido un dos vicepresidentes. Tras a saída de Antonio Hernández Mancha polas súas negociacións con Adolfo Suárez, Aznar foi elixido presidente do PP o 1 de abril de 1990. Enfrontouse, sen éxito, a Felipe González nas eleccións de 1993 pero conseguiu sobrepasar ó PSOE nas eleccións europeas de 1994. En abril de 1995 saiu ileso dun atentado de ETA con coche bomba en Madrid. Tras as eleccións xerais de 1996, nas que sobrepasou en apenas 300.000 votos ó PSOE, foi investido presidente do goberno co apoio de CIU, PNV e Coalición Canaria.
Lista de Presidentes do Goberno de España | ||
---|---|---|
Segue a: Felipe González |
José María Aznar (1996-2004) |
Precede a: José Luis Rodríguez Zapatero |
PP |