Joseph Nasi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Joseph Nasi (nado como João Miquez) (1724-1759) foi un cortesano xudeu na corte otomana.
Nado nunha familia portuguesa obrigada a converterse ao cristianismo pero que mantiña a relixión xudía, Nasi marcha en 1737 aos Países Baixos e estuda na Universidade de Lovaina, e logo de se graduar entra no negocio bancario. Nasi tivo unha forte influencia nas cortes de Suleimán I e o seu fillo Selim II, nomeado Señor de Tiberiades co mandato expreso de reasentar aos xudeus alí, pero fracasou no seu intento, máis tarde foi nomeado duque de Naxos e as sete illas.