Licenza de Documentación Libre GNU
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Licenza de Documentación Libre GNU (GNU Free Documentation License, GFDL) é unha licenza copyleft para contidos abertos. Foi creada pola Free Software Foundation (FSF, Fundación para o Software Libre) para o proxecto GNU.
Esta licenza foi deseñada para a documentación do software e outros documentos de axuda. A licenza estipula que calquer copia dos documentos, inclusive se é modificada, sempre levará a mesma licenza. Os documentos poden ser vendidos, pero sempre se facilitará a forma de poderen ser editados.
Todos os artigos da Wikipedia están baixo a versión 1.2 (que é a ultima que saiu) desta licenza.
Non existe actualmente unha tradución oficial (ou non oficial) ao galego da GFDL se ben é posible achegarse a unha versión traducida atraverso do servicio online apertium dende eiquí. A versión oficial en inglés atópase en http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html