Lingua alemá
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alemán (Deutsch) | |
---|---|
Falada en: | Alemaña, Suiza, Austria, Luxemburgo e comunidades en outros 37 países |
Rexións do planeta: | Europa central e oriental (principais) |
Total de falantes: | 130 millóns (primeira o segunda língua) |
Posición: | 9a |
Familia lingüística: | Indoeuropea Linguas xermánicas |
Status oficial | |
Língua oficial de: | Unión Europea, Alemaña, Suíza, Austria, Bélxica, Luxemburgo, Liechtenstein. |
Regulada por: | --- |
Codificacións | |
ISO 639-1 | de |
ISO 639-2 | ger |
Véxase tamén: Linguas xermánicas – Lingua |
O alemán é unha lingua que fai parte do grupo occidental das linguas xermánicas e é unha das linguas máis faladas do mundo. É a lingua con máis falantes nativos na Unión Europea.
Fálase principalmente en Alemaña, Austria, Liechtenstein, en dous terzos de Suíza, en partes do Tirol italiano, nunha pequena parte do leste de Bélxica e no sur de Xutlandia (Nordschleswig), en Dinamarca.