Lisboa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lisboa, cidade situada na foz do Río Texo, é a capital e maior cidade de Portugal. Alén diso é tamén capital do Distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da Área Metropolitana de Lisboa, e é ainda o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten preto de 546.477 habitantes (2001), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,6 millóns, un cuarto da poboación do país.
A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe, portanto, a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. Através do estuário, Lisboa lígase aos concellos da marxe Sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.
[editar] Monumentos
Como monumentos e temas de interese turístico destacan, na Lisboa medieval:
- Castelo de São Jorge, na colina máis alta do centro da cidade.
- Bairro de Alfama, de estreitas vielas e que sobreviveu ao terramoto de 1755.
- Sé de Lisboa.
- Convento do Carmo.
Da cidade da época dos Descobrimentos podemos ver hoxe na zona de Belém, dúas construccións clasificadas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade:
- O Mosteiro dos Xeromes, mandado construir polo Rei D. Manuel I.
- A Torre de Belém, construción militar de vixía na barra do Texo.
Do comezo do século XVIII o monumento máis significativo é o Acueduto das Augas Livres. Despois do terramoto de 1755, no plano en grella aprovado polo Marqués de Pombal (Baixa Pombalina) para a zona central da cidade, construíronse as prazas do Comercio, xunto ao Texo, e maila prazo do Rossio.
Nas proximidades e con interese histórico ou artístico están ainda a Praza dos Restauradores e o Elevador de Santa Justa, proxectado a fins do século XIX por Mesnier du Ponsard, un discípulo de Eiffel.
Tamén destacan os palacios reais das Necesidades e da Axuda, na parte Oeste da cidade.
A fins do século XIX os planos urbanísticos permitiron estender a cidade alén da Baixa para o vale da actual Avenida da Liberdade. En 1934 é construída a Praza Marqués de Pombal, remate superior da avenida. Do século XX sobresaen os extensos planos urbanísticos das Avenidas Novas, da envolvente da Universidade de Lisboa, e da zona dos Olivais, e os máis recentes do Parque das Nacións e da Alta de Lisboa, ainda en construción. Os edificios do fin do século XX máis notabeis en termos de arquitectura inclúen, entre outros, as Torres das Amoreiras (1985, do arquitecto Tomás Taveira, o Centro Cultural de Belém (inaugurado en 1991), a Estación do Oriente (de Santiago Calatrava), a Torre Vasco da Gama e o Oceanario de Lisboa (de Peter Chermayeff), todos de 1998.
[editar] Historia
Artigo principal Historia de Lisboa
Foi fundada polos gregos e foille dado o nome de Olissipo (nome supostamente derivado de Ulises). Co paso do tempo o nome foi derivando en Olissipona, Lissapona e finalmente Lisboa. Lisboa foi tomada no século VIII polos mouros provenientes do norte de África, e reconquistada polo primeiro rei de Portugal, Afonso Henriques no século XII. De Lisboa partiron numerosas expedicións na época dos Descobrimentos (ss. XV-XVII). Foi destruída o 1 de novembro de 1755 por un gran terramoto, e reconstruída segundo os planos trazados polo Marqués de Pombal (de aí que a parte central se coñeza como Baixa Pombalina).
Como monumentos e tópicos de interese turístico destacan o Castelo de São Jorge, na colina máis alta do centro da cidade, a Praça do Comércio, o Mosteiro dos Jerónimos e Torre de Belém e o barrio que sobreviviu ó terremoto, chamado Alfama. A música tradicional de Lisboa é o fado, canción nostálxica acompañada pola guitarra portuguesa.
En Lisboa ocorreron a revolta republicana do 4 e 5 de novembro de 1910 e a Revolución dos cravos do 25 de abril de 1974.
[editar] Ligazóns Externas
{en}} Guia Turístico de Lisboa
{en}} Fotografias de Lisboa