Malcolm X
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Malcolm X (19 de maio, 1925 en Omaha – 21 de febreiro, 1965 en Nova York), recibiu ó nacer o nome de Malcolm Little, tamén foi coñecido como Detroit Red, El-Hajj Malik El-Shabazz e Omowale, foi un ministro musulmán[1] e voceiro nacional de Nation of Islam.
Malcolm X foi dos máis importantes líderes nacionalistas negros dos Estados Unidos, e tras o seu asasinato os seus partidarios considerárono un mártir do islam e un campión da igualdade. Fillo dun pastor protestante que morreu de morte matada polo Ku Klus Klan converteuse ás crenzas islámicas de Elijah Mohammed. fundou a Organización para a Unidade Afroamericana, de inspiración socialista que defendía a separación das razas, a independencia económica dos afroamericanos e un estado autónomo para estes.