Martinica - Martinique
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A illa da Martinica é un departamento de ultramar francés ubicado ao norte de Trinidade e Tobago, en augas do Mar Caribe (como tal, constitúe unha rexión ultraperiférica da Unión Europea). Esta illa pertence ás Pequenas Antillas Francesas do leste do Caribe, unha das illas Windward ou de Barlovento. É montañosa e de orixe volcánico. Cristobo Colón foi o primeiro navegante en descubrir a illa o 15 de xuño de 1502 mais, excepto en 3 ocasións en que foi ocupada brevemente por outras nacións, a illa permaneceu baixo dominio francés desde a seu colonización no ano de 1635. Martinica está dominada polo Monte Pelée, o cal fixo erupción o 8 de maio de 1902 destruíndo completamente o primeiro asentamento europeo na illa (Saint Perre) e matando a máis de 30.000 persoas.
O vulcán en actividade máis importante é o Mont Pelée (Montaña Pelada), de 1.463 m de altura. A poboación veuse recuperando e actualmente a illa é unha das máis poboadas da rexión, superando os 426.000 habitantes dos cais o 90% son negros ou mulatos e o 85% son católicos. O goberno da illa está encabezado por Michel Cadot, prefeito desde o 21 de xuño de 2000. A nivel local o Consello Xeneral, composto por 45 membros electos cada 6 anos, é encabezado por Claude Lise desde o 22 de marzo de 1992.
- Capital: Fort-de-France (100.080 habitantes)
- Cidades importantes: lle Lamentin (30.028 habitantes) e Sainte Marie (19.682 habitantes).
- Poboación: 382.000 Habitantes
- Superficie: 1.102 km2
- Moeda: Euro
- Idioma oficial: Francés
- Goberno: Rexión e departamento de Francia
[editar] Artigos relacionados
- Illas Caribes
Departamentos de Francia |
Francia metropolitana : 01 Ain · 02 Aisne · 03 Allier · 04 Alpes da Alta Provenza · 05 Alpes Altos · 06 Alpes Marítimos · 07 Ardèche · 08 Ardennes · 09 Ariège · 10 Aube · 11 Aude · 12 Aveyron · 13 Bocas do Ródano · 14 Calvados · 15 Cantal · 16 Charente · 17 Charente Marítimo · 18 Cher · 19 Corrèze · 2A Córsega do Sur · 2B Alta Córsega · 21 Côte-d'Or · 22 Côtes-d'Armor · 23 Creuse · 24 Dordoña · 25 Doubs · 26 Drôme · 27 Eure · 28 Eure e Loir · 29 Finistère · 30 Gard · 31 Alta Garona · 32 Gers · 33 Gironda · 34 Hérault · 35 Ille e Vilaine · 36 Indre · 37 Indre e Loira · 38 Isère · 39 Jura · 40 Landes · 41 Loir e Cher · 42 Loira · 43 Alto Loira · 44 Loira Atlántico · 45 Loiret · 46 Lot · 47 Lot e Garona · 48 Lozère · 49 Maine e Loira · 50 Mancha · 51 Marne · 52 Alto Marne · 53 Mayenne · 54 Meurthe e Mosela · 55 Mosa · 56 Morbihan · 57 Mosela · 58 Nièvre · 59 Norte · 60 Oise · 61 Orne · 62 Paso de Calais · 63 Puy-de-Dôme · 64 Pireneos Atlánticos · 65 Altos Pireneos · 66 Pireneos Orientais · 67 Baixo Rin · 68 Alto Rin · 69 Ródano · 70 Alto Saona · 71 Saona e Loira · 72 Sarthe · 73 Savoia · 74 Alta Savoia · 75 París · 76 Sena Marítimo · 77 Sene e Marne · 78 Yvelines · 79 Deux-Sèvres · 80 Somme · 81 Tarn · 82 Tarn e Garona · 83 Var · 84 Vaucluse · 85 Vendée · 86 Vienne · 87 Alto Vienne · 88 Vosgos · 89 Yonne · 90 Territorio de Belfort · 91 Essonne · 92 Altos do Seine · 93 Sena-San Denis · 94 Val do Marne · 95 Val do Oise |
Dapartamentos de ultramar : 971 Guadalupe · 972 Martinica · 973 Güiana Francesa · 974 Reunión |
|
||
Francia metropolitana : Alsacia · Aquitania · Auvergne · Borgoña · Bretaña · Centro · Champagne-Ardenne · Córsega · Franco-Condado · Illa-de-Francia · Languedoc-Roussillon · Limousin · Lorraine · Midi-Pyrénées · Nord-Pas-de-Calais · Baixa-Normandía · Alta-Normandía · País do Loira · Picardía · Poitou-Charentes · Provenza-Alpes-Costa Azul · Rhône-Alpes |
||
Rexións de ultra-mar : Guadalupe · Güiana Francesa · Martinica · Reunión |