Matthias Ettrich
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Matthias Ettrich naceu o 14 de xuño de 1972 en Bietigheim, Alemaña. Estudiou na Universidade de Eberhard-Karls en Tubinga (Tuebingen), Wilhelm Shickard Institute for Computer Science. Foi o autor orixinal de LyX, fundador do KDE e membro do equipo de desenvolvemento das librarias Qt. Actualmente vive en Oslo, Noruega e traballa para TrollTech.