Nightwish
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nightwish é un grupo de Power Metal, procedente de Kitee, Finlandia
Índice |
[editar] Historia
Nightwish nace en xullo de 1996, durante unha saída de camping de Tuomas Holopainen cos seus amigos Tarja Turunen (por entón unha novata soprano da Jan Sibelius Academy de Helsinki) e Erno Vuorinen "Emppu". Tempo despois unirase á banda Jukka Nevalainen.
Durante a primeira metade de 1997, asinan contrato con Spinefarm Records e graban unha demo de 7 cancións, que máis tarde formarían parte de Angels Fall First, primeiro disco da banda. No segundo semestre dese ano grabaron outras 4 cancións e publicaron o single titulado "The Carpenter", todo un éxito de vendas en Finlandia. Finalmente, a comezos de novembro, sae ó mercado Angels Fall First, con idéntico resultado.
A comezos de 1998, debido a unha notoria carencia dun baxista estábel, unese ó grupo Sami Vänskä e coménzase a grabación do seu segundo traballo titulado Oceanborn (segundo os fans, o disco de referencia do grupo) que sae ó mercado en decembro dese mesmo ano. Figurando como número 1 nas listas de vendas do pais.
A comezos do 2000 a agrupación finesa volta ós estudios e comeza a traballar no seu terceiro disco Wishmaster, traballo que se ve interrompido cando o grupo se presenta para representar ó seu país no Festival de Eurovision ca canción Sleepwalker, no que quedarían en segundo posto. Tras iso, sae á venda Wishmaster, outro éxito de vendas e disco de ouro ás poucas semanas do seu lanzamento.
Para o ano 2001 Nightwish comeza a grabar un cover do tema de Gary Moore Over The Hills And Far Away ademais doutras cancións propias (Tenth Man Down e Away) para compretar o EP titulado Over The Hills And Far Away que tamén incluiría seis cancións grabadas en directo e unha nova versión de Astral Romance.
Nesta época, por diferencias de pareceres, Sami Vänskä é reemprazado por Marco Hietala (antigo membro de Sinergy)
No 2002 aparece Century Child álbum no que se pode apreciar claramente a influencia do Black Metal do novo baxista, dotando ó disco dunha gran forza, sobretodo no acompañamento nas voces.
No 2003 a banda entra nun gran receso, debido a que Tarja Turunen contrae matrimonio co arxentino Marcelo Cabuli e comeza a estudar canto lírico en Alemaña (o que puxo en perigo a continuidade do grupo) como tamén influiu que Jukka Nevalainen e a súa moza Satu tivesen unha filla.
No ano 2004 os fanáticos de Nightwish viron rencompensada a súa paciencia ca saída á venda do agardado quinto álbum da banda Once (no que retoman a súa veta sinfónica acompañada dunha boa dose de metal). O resultado: o mesmo día do lanzamento converteuse en disco de ouro en Finlandia. Co novo álbum, Nightwish asina contrato ca casa discográfica Nuclear Blast o que influíu nunha mellora considerabel na comercialización deste disco a nivel internacional. Na xira dese mesmo ano, só nos concertos de Alemaña, Suiza e Austria, venderon máis de 50.000 entradas.
O 21 de outubro do ano 2005 despois do concerto no Hartwall Areena de Finlandia que se empregará para facer o DVD End of an Era, os outros catro integrantes da banda entregáronlle unha carta a Tarja dicíndolle que xa non contaban con ela para continuar con Nightwish. As razóns expostas foron a súa suposta actitude de diva e o interese polo diñeiro sobre outras cousas. A carta foi publicada o día seguinte na páxina oficial da banda. en inglés
[editar] Membros
- Tarja Turunen - Voces (dende 1996 ata End of an Era (2005))
- Tuomas Holopainen - Teclado
- Erno "emppu" Vuorinen - Guitarra
- Sami Vänskä - Baixo (dende Oceanborn (1998) ata Over The Hills And Far Away (2001))
- Marco Hietala - Baixo (dende Century Child (2002) ata a actualidade)
- Jukka Nevalainen - Batería
[editar] Discografía
Albumes
EPs
- Over The Hills And Far Away - 2001
Singles
- The Carpenter - 1997
- Sacrament Of Wilderness - 1998
- Walking In The Air - 1999
- Sleeping Sun (Four Ballads Of The Eclipse) - 1999
- Deep Silent Complete - 2000
- Over The Hills And Far Away - 2001
- Ever Dream - 2002
- Bless The Child - 2002
- Nemo - 2004
- Wish I Had An Angel - 2004
- Kuolema Tekee Taiteilijan - 2004
- The Siren - 2005
- Sleeping Sun - 2005
DVDs
Recopilacións
Covers
- Where Were You Last Night de Ankie Bagger
- High Hopes (directo) de Pink Floyd
- Phantom of the Opera de Andrew Lloyd Webber
- Symphony of Destruction (directo) de Megadeth
- Over the Hills and Far Away de Gary Moore
- Walking in the Air de Howard Blake