Precipitación (reacción)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chámase reacción de precipitación á aquela na que aparece unha substancia insoluble, chamada precipitado, no seo dunha disolución.
Así, cando mesturamos unha disolución de cloruro de calcio cunha disolución de carbonato de sodio formase carbonato de calcio, que precipita, e cloruro de sodio que queda en disolución. A reacción que representaría este proceso sería a seguinte:
CaCl2 (acuoso) + Na2CO3 (acuoso) → CaCO3(sólido) + 2 NaCl(acuoso)
Igualmente cando mesturamos unha disolución de ioduro de potasio cunha disolución de nitrato de chumbo (II) formase ioduro de chumbo (II), que precipita, e nitrato de potasio que queda en disolución.
KI (acuoso) + Pb(NO3)2 (acuoso) → PbI2(sólido) + 2 KNO3(acuoso)