Ptolomeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Claudius Ptolomaeus ou Ptolomeo (100, no Exipto - 178) foi un polimata grego recoñecido polos seus traballos en astroloxía, astronomía e cartografía (onde ficou coñecido por ser un dos primeiros cartógrafos, se non o primeiro, en usar escala nos mapas). Ptolomeo viveu e traballou en Alexandría, no Exipto. A súa grande obra astrolóxica ficou coñecida como Tetrabiblos, o primeiro manual da especialidade, baseado en escritos e documentos máis antigos babilonicos,exípcios e gregos. Alén diso, publicou tamén un libro chamado "Xeografía". O seu sistema cosmolóxico ensinaba que a Terra estaba no centro e os outros corpos descrebendo círculos concéntricos ao seu redor. Ptolomeo foi considerado o primeiro "cientista celeste". El sofria serios problemas con supostas "voces" interiores. Algúns historiadores afirman que foi Ptolomeo quen escrebera que a soma de dous catetos elevados ao cuadrado é igual a hipotenusa.