Rábade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Rábade | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Rabadense |
Xeografía | |
Provincia: | Lugo |
Comarca: | Lugo |
Área: | km² |
Entidades de poboación: | 1 |
Capital do concello: | San Vicenzo de Rábade |
Latitude e lonxitude: | 43º 6' Lat N 7º 37' Lonx W |
Altitude máxima: | 500 m. |
Altitude mínima: | 400 m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (1626) | |
Poboación: | hab. |
Densidade: | hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 385 (votos - %) BNG 39 (votos - %) PSdeG-PSOE 160 (votos - %) Outros: 631 (- %) |
Alcalde: | Francico Xosé Fernández Montes (Independentes por Rábade) |
Eleccións municipais en: 'Rábade' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | www.rabade.org |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Rábade é un concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca de Lugo.
Poboación en 2003: 1.626 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Rabadense
O Concello de Rábade está integrado na comarca lucense de Lugo, no cuadrante nordés de Galicia. As súas coordenadas xeográficas son as seguintes: 43º 6' Lat N e 7º 37' Lonx W. A distancia de Rábade á capital da provincia, Lugo, é de 15 Km, e o seu termo municipal é limítrofe cos de Begonte e Outeiro de Rei.
A súa reducida extensión territorial, de 5,2 Km correspóndese co 0,41% da comarca. Este Concello está constituído por unha única entidade de poboación, a vila de Rábade. Segundo o Padrón Municipal de Habitantes de 1996 contaba entón con 1.588 habitantes. Presenta ademais un peculiar carácter diferencial con respecto ó contorno definido pola comarca en que se integra, A Terra Chá, pois a súa estrutura socioeconómica segue as pautas propias dunha economía desenvolvida.
Rábade experimentou unha progresiva transformación orientada a converterse nun importante centro de comunicacións e núcleo de servizos, sendo especialmente importante o seu crecemento nos anos 70 e 80.
Politicamente, Rábade é un Concello independente dende que en 1925 se segregou do Concello de Begonte (a súa primeira corporación municipal constituíuse o 28 de maio de 1925).
Índice |
[editar] Historia
[editar] Cultura megalítica (IV milenio a. de C.)
Na provincia de Lugo, a comarca de Lugo é un destacado enclave no que a restos arqueolóxicos deste período se refire, existindo no termo municipal de Begonte, no que estivo integrado Rábade, vestixios de ata 50 mámoas, é dicir, túmulos en forma de casquete esférico realizados con terra, ... (seixos) e pedra, que ten a función de recubrir e illa-las estruturas de enterramento. Deste período megalítico proceden tradicións e lendas arraigadas na nosa cultura popular.
Cultura castrexa (dende a idade de ferro ata a romanización) Non existen restos arqueolóxicos en Rábade, pero a toponimia recolle dende séculos atrás a denominación "Lugar ou Sitio do Castro", o que nalgúns lugares de Galicia se corresponde con antigos poboamentos destas características. Pero no caso de Rábade só é unha conxectura.
[editar] Etapa romana (ata o s. V de C.)
Rábade está en relación co armazón viario terrestre que estableceron os romanos utilizando en moitos casos antigas vías megalíticas e castrexas. Polas inmediacións de Rábade transcorreu a denominada vía XX que unía Braga e Astorga, que seguía dende o río Ulla pola costa coruñesa ata Betanzos para continuar despois en dirección sudés cara a Lugo (tramo que afectaría a Rábade) e Astorga. Aínda que os itinerarios concretos das vías romanas son obxecto de discusión entre os especialistas, Rábade aparece relacionado coa que mencionamos.
[editar] Historia medieval (S. V–XV)
Rábade figura nos itinerarios medievais, concretamente nos traxectos que unían Vilalba e Rábade, por un lado, e Rábade e Parga, por outro (este último está relacionado coa antiga vía romana Betanzos–Lugo).
Na idade media está datada a ponte antiga de Rábade, concretamente nos séculos XIII–XIV, e sobre esta ponte establecerase a portaxe ou pago por dereito de paso.
Da etapa sueva conservamos, en relación con Rábade, a tradición popular de Astariz, aldea próxima ó noso Concello, que segundo a lenda tivo durante esta época as súas propias autoridades, de aí a denominación de "Coto Real", e coñecemos que segundo varios autores na delimitación administrativa e eclesiástica que se estableceu nesta etapa sueva, Rábade estaba integrado no chamado Condado de Sobrada ou "Superata".
En canto á herdanza visigótica consérvase no Museo Diocesano de Lugo unha lápida sepulcral localizada nas proximidades de Rábade. Durante os séculos X e XI Rábade era unha unidade xeográfica e de poboación definida, pero difícil de delimitar, onde se situaba unha vila e diversas propiedades.
Durante estes dous séculos a vila de Rábade estivo relacionada nalgúns momentos co dominio do mosteiro de Sobrado que tiña enclaves dispersos xeograficamente, e que en Rábade orientaba a explotación cara ós pomares (plantacións de maciñeiras) e as pesqueiras fluviais. Isto relaciónase co contexto xeral determinado pola reconquista e as novas colonizacións. A organización estaba delegada pola monarquía na Igrexa e na aristocracia.
Durante os séculos XI–XIII o territorio está fragmentado en numerosas circunscricións que están debaixo da autoridade de mordomos ou representantes dos nobres ou da monarquía, e organízanse en explotacións espalladas ó redor das vilas.
No ano 1029 o mordomo da vila de Rábade sublévase contra o rei e busca a protección do conde Rodrigo Romániz. Coa intensificación da fragmentación territorial medran o número de castelos e proliferan as revoltas aristocráticas en contra da monarquía.
No ano 1078 o bispo de Lugo recupera, grazas a unha sentenza do rei Alfonso VI de Castela e León, os condados e territorios (entre eles Rábade) que lle arrebatara o conde Ovéquiz nas permanentes loitas polo poder político sostidas entre a Igrexa, a nobreza e a coroa.
Durante os séculos XII e XIII o territorio galego divídese en numerosos coutos baixo a xurisdición señorial, entre eles os de Carral, Saavedra, Taboi, Astariz, Cela ou Aguiar moi próximos a Rábade.
Entre os séculos XIV e XV varias liñaxes familiares señorean na zona de Rábade, establecendo as súas casas solainas. Son os de Rábade, Aguiar, Gaioso, Montenegro, Parga, Saavedra, Baamonde e Ribadeneira.
Un cronista da época recolle como no século XV, nos anos posteriores ás Revoltas Irmandiñas e á execución do famoso Mariscal Pardo de Cela, se produce unha "fazaña militar" chamada da "Ponte Ravade" en Rábade (vinculada ó asedio á próxima fortaleza de Caldaloba), reinando xa os Reis Católicos.
[editar] Idade moderna (s. XVI–XVIII)
Durante o século XVIII construíuse o Camiño Real que uniría A Coruña con Madrid. Entra en Galicia por Pedrafita, pasando por Rábade e chegando finalmente ó Porto da Coruña. Durante estes séculos Rábade era unha freguesía que se integraba na xurisdición de Outeiro de Rei, que pertencía ó señorío da Casa de Lemos e que se incluía no partido chamado de Entrambas Augas, todo no marco da provincia de Lugo. Unha das sete provincias nas que se estruturaba o chamado Reino de Galicia.
Desta época consérvase abundante documentación. Entre ela destacan numerosos expedientes xudiciais tramitados diante da Real Audiencia polos veciños da xurisidición de Outeiro de Rei que buscaban nesa institución as garantías xudiciais que non lles ofrecían os xuíces señoriais.
Durante esta etapa os habitantes de Rábade eran maioritariamente traballadores do campo (xornaleiros ou colonos), do que obtiñan os medios para subsistir e pagarlle-las súas rendas á Casa de Lemos, á Igrexa e á coroa, completando en ocasións os seus ingresos con outros oficios como mesoeiro, arrieiro ou artesán.
Naquela época a paisaxe de Rábade estaba distribuída en agras de centeo, hortas, monte e liñares no río. Os seus veciños establecían as relacións sociais no marco da tradicional parroquia, na que se canalizaban os aspectos derivados non só da vida material, senón tamén da espiritual (importancia das confrarías).
A chegada do ferrocarril no século XIX transformará xa para sempre o sistema de vida dos habitantes desta parroquia, ancorada nos usos e costumes máis tradicionais da época.
[editar] Época contemporánea (s. XIX)
O século XIX foi o século do ferrocarril para Rábade. En 1875 inaugurouse o tramo Lugo–A Coruña con estación de parada en Rábade, incluído na liña Palencia–A Coruña que construíu a Compañía do Noroeste.
Politicamente este século abriuse para Rábade, como para o resto de España, cun episodio bélico, a Guerra da Independencia contra os franceses. Rábade, estratexicamente situado no camiño que se dirixe cara á Coruña, viuse afectado polo paso das tropas napoleónicas dos mariscais Ney e Soult na súa persecución do exército do xeneral Moore que se retiraba cara ó porto da Coruña, onde se desenvolvería a Batalla de Elviña.
Despois das Cortes de Cádiz comezou a desenvolverse o marco lexislativo que configuraría a formación dos concellos constitucionais. Rábade (parroquia de San Vicenzo de Rábade) integrouse primeiro no Concello de Outeiro de Rei (R.D. 23 de xullo de 1835) e posteriormente no de Begonte (reforma de 1840).
Non é ata 1925 cando Rábade se converte en Concello independente ó segregarse do Concello de Begonte. O século XIX caracterízase pola conflitiva convivencia da herdanza derivada do antigo réxime e as novidades implantadas ou proxectadas polo liberalismo. Así, os habitantes de Rábade comezan o século pagándolle-las seculares rendas forais (aínda que é neste século cando se abre o camiño para a súa extinción) ós seus preceptores, pero entre 1862 e 1886 emprenden unha loita burocrática para intentar preservar das medidas desamortizadoras os montes comunais da parroquia, rematando o século aínda coa venda de bens nacionalizados pertencentes ó iglesario.
Rábade tamén se verá afectado polas Guerras Carlistas: en 1837 en Rábade está establecido un cantón militar dependente da comandancia xeral de Lugo; en 1838 organízase en Rábade unha factoría de abastecemento para o exército e en 1842 recóllese documentalmente a existencia dun acantonamento militar que dispón tamén de cárcere. Tamén na derradeira Guerra Carlista recóllese a existencia dunha facción carlista nas proximidades de Rábade, na zona de Outeiro de Rei (1873).
É o século XIX un século de cambios e proxectos que marcarán o final dunha longa época, a do antigo réxime.
[editar] Historia contemporánea (s. XX)
En 1925 nace o Concello Independente de Rábade. Por tal motivo celébranse varios actos conmemorativos ós que acoden autoridades destacadas tal e como recolle a prensa contemporánea. En 1927 organízaselles unha homenaxe ós superviventes da Guerra de África que residen na localidade. En 1929 visita Rábade o presidente do Consello de Ministros, o xeneral Primo de Rivera. En 1931, ano no que se instaura a 2ª República, cédeselle ó Concello de Rábade a antiga casa da portaxe para que se instalen nela as dependencias municipais.
Rábade participa en 1932 na Asemblea de Concellos de Galicia que se reúne en Santiago para propoñe-lo Estatuto Autonómico. En 1935 Rábade recibe o título de Vila por decreto do Ministerio da Gobernación. Trala Guerra Civil (1936–1939) e durante os anos 40 e 50, Rábade xa é considerado o Concello máis comercial e industrial da provincia de Lugo. Feito que o beneficiou para recibir subministros de maneira máis asidua. Durante estas décadas o Concello adquire o tradicional campo da feira. O Goberno Militar instala en Rábade o Parque Central de Enxeñeiros. O Tribunal Titelar de Menores establece unha Casa de Titela. E inaugúrase a pasarela peonil da estación.
Nos anos 60 mellórase o equipamento educativo e deportivo do Concello, este intégrase nunha mancomunidade turística e continúan mellorándose os servizos e infraestruturas da vila. De feito, en 1968 e de cara ó Plan de Desenvolvemento Económico e Social, Rábade é cualificado como "núcleo de atracción nunha zona de influencia máis extensa".
Nos anos 70 prodúcese a desafectación de monte comunal para crear un polígono industrial. En 1973 Rábade é declarado zona urbana polos Servizos de Valoración Urbana de Facenda. Nos anos 80 a Corporación certifica o seu apoio á autonomía galega.
Nos plans de comarcalización dos anos 90 Rábade defínese como "un Concello sen sector primario practicamente, cunha estratéxica situación que define a importancia dos seus sectores secundario e terciario, dos que se nutre parte da zona rural dos concellos limítrofes. A súa carencia son os servizos administrativos a pesar do alto nivel de renda por habitante da localidade, o que vén determinado pola reducida poboación".
Hoxe por hoxe o Concello ábrese a novos proxectos, incluídos os de tipo cultural e ecolóxico.
[editar] Lugares de Rábade
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rábade vexa: Lugares de Rábade.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Rábade | |
---|---|
Rábade (San Vicenzo) |
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||