Río de Edrada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
O río de Edrada (o medieval rivulum Humano ou Omano Minor) é un afluente, pola esquerda, do río Mao (o medieval rivulum Humano ou Omano Maior) ao que únese á altura do pobo de Praducelos (parroquia de San Xoán de Seoane Vello). Nace a altura do pobo de Xestosa, na parroquia de San Xoán de Covas (concello de Montederramo), aínda que no seu tramo inicial recibe o nome de río Tabenxa ou Alavenche. O río de Edrada está formado pola confluencia na súa marxe esquerda de diversos regatos: o regato de Covas (que nace á altura dos “Chaos da Lagoa”, entre as paraxes de “Lameira Aceda” e “Pereiros”, tamén na parroquia de San Xoán de Covas, e únese co río Tabenxa ou Alavenche a altura da paraxe chamada “Pozos Negros”, moi preto da Ponte Vella de Vilariño Frío. O regato do Reconco ou do Brozo (que nace na paraxe de “Lamas da Meda” preto de Cacharrequille, na parroquia de San Xoán de As Chas, ao que se une o regato da Retorta, na paraxe entre os pobos de Bouzas e Cordelle de Abaixo, facendo de punto divisorio entre os concellos de Maceda e Montederramo) e o regato de Os Perocanes, que nace na serra da Cabeza da Meda, na parroquia de As Parádellas (Concello de Parada do Sil). Ámbolos dous regatos (o regato do Reconco e o dos Perocanes) únense ó río preto da actual ponte de Edrada, na estrada de Vilariño Frío a Parada do Sil. Desde principios dos anos de 1970 esta convertido en encoro (encoro de Edrada), tendo o seu muro a altura do pobo de Ibil (parroquia de San Xoán de Pradomao), moi preto da súa desembocadura no río Mao.