Ródano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo debe ser combinado con Río Ródano.
O Ródano é un importante río de Europa. Cunha lonxitude de 812 km, ten o a súa fonte en Suíza (231 km) e o seu curso ten fin en Francia (581 km) para verter as súas augas no mar Mediterráneo. É o máis caudaloso dos ríos franceses e o máis importante dos ríos europeos tributarios do Mediterráneo.
[editar] Xeografía
O Ródano nace en Suíza, na Furka, no macizo de San Gotardo, a 1.753 m de altitude, atravesa o lago Léman, despois discorre por Frnacia e desemboca nun delta no Mediterráneo. Discorre primeiramente nunha dirección leste-oeste (a súa parte máis alta corresponde ao cantón de Vallais; en Martigny o seu cauce estréitase moito e remonta cara ao norte antes de embocar no Léman; sae polo cantón de Xenebra, onde recibe o Arve, despois penetra en Francia; o trazado do seu curso é sinuoso até os arredores de Lyon onde recibe o Saona; a partir desta cidade, discorre cara ao sur para se verter por un delta (Camargue) no mar Mediterráneo.