Regueifa (canto)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A regueifa é unha cantiga entre dúas persoas (ou máis) que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Pode verse certo parecido coa tenzón medieval, mais a regueifa é máis popular.
Os temas da regueifas son variados, mais polo xeral, hai unha boa dose de humor, o que fai que este tipo de cantares sexan moi divertidos para todos os públicos.
Este tipo de versos a varias voces poden escoitarse na Galiza, aínda que hai zonas máis ricas deste tipo de literatura popular, como pode ser o caso da costa da Morte. Así mesmo tamén se poden ouvir en Portugal, denominados cantares ao desafío, no Brasil e Colombia, chamados repentistas, e na Arxentina e no Uruguai hai un desafío entre payadores, mais a temática destes últimos é seria e máis poética.
[editar] Ligazóns externas
- http://www.vieiros.com/regueifa.html Orixe da regueifa
- http://attambur.com/Noticias/20032t/concertinas_e_cantares_ao_desafio_na_trofa.htm Cantares ao desafío e regueifas