Reino de León
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Trala morte de Alfonso III o Magno, rei de Asturias, o reino divídese entre os seus tres fillos e a García tócalle goberna-lo trozo meirande, traslada a capital dende Cangas de Onís ata a cidade de León e o reino asturiano pasa a denominarse Reino de León. Os tres irmáns sucedense no trono e acaban por reunir outra vez os territorios de Castela, León e Galicia.
- Ramiro II foi o máis importante rei de León, vence a Abderramán III en Madrid, Simancas, Talavera e en Osma.
- Bermudo III (ou Vermudo III). Rei de León do 1027 ó 1037, busca a alianza con Castela, cuxo conde García Sánchez estipùla o seu matrimonio coa irmá do rei, Dona Sancha. Ó ser asasinado o conde castelán en vísperas da voda pola familia rival (os Velas), hereda o condado de Castela o rei navarro Sancho III que o cede ó seu fillo Fernando quen remata con casar con Dona Sancha. Fernando I convértese así no primeiro rei de Castela. O novo reino de Castela terá problemas con León por cuestións territoriais. Bermudo III é vencido na batalla de Támara, co que o reino de León pasa tamén a Fernando I. Así remata a dinastía asturiana e serán reis de sangue navarra os que reinen en Castela e León.