Rocha sedimentaria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As rochas sedimentarias son rochas que se forman por acumulación de sedimentos que, sometidos a procesos físicos e químicos, resultan nun material de certa consistencia.
Poden formarse ás beiras dos ríos, no fondo de cantís, vales, lagos e mares, e nas desembocaduras dos ríos. Áchanse dispostas formando capas ou estratos.
Representan máis do 75% das rochas que se atopan na codia terrestre, e moitas están formadas a partir de pequenos anacos doutras rochas. Caracterízanse por conter fósilé.
Poden clasificarse en:
- arxilosas (arxila, marga, lousa)
- calcáreas (creta, calcaria)
- silíceas (area)
- combustibles (carbón mineral)
- salinas (xeso, sae xema e outros sales precipitadas pola auga)
[editar] Véxase tamén
- Fotos de rochas sedimentarias en Commons