Rocha volcánica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha rocha volcánica é unha rocha ígnea de orixe volcánica. Usualmente son de textura afanítica (constituída por pequenos cristais), frecuentemente amosan fragmentos doutras rochas e fenocristais. As rochas volcánicas fórmanse durante a cristalización do magma antes da extrusión. O basalto, a riolita ou a andesita son algunha das rochas volcánicas máis coñecidas.