Sal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Normalmente, a palabra sal é usada como sinónimo do sal de cociña (cloruro de sodio).
Na química, un sal é un composto neutro dun catión ligado a un anión. O sal é tipicamente o produto dunha reación química entre
- Unha base e un ácido, forman un sal + auga, ex.: 2NaOH + H2SO4 --> Na2SO4 + 2H2O sulfato de sodio
- Un metal e un ácido, forman un sal + hidroxeno, ex.: Mg + H2SO4 --> MgSO4 + H2 sulfato de magnesio
- Un óxido ácido e un óxido básico, formando un sal, ex.: CO2 + CaO --> CaCO3 carbonato de calcio
En xeral, os sais son compostos iónicos que forman cristais. Son frecuentemente solúbeis en auga, onde os dous ións se separan. Os sais en xeral teñen un alto ponto de fusión, reducida dureza e pouca compresibilidade. Se fundidos ou disolvidos en auga, conducen electricidade.
Os sais receben o nome dos ións que os constitúen. Os componentes catiónicos, en xeral ións metálicos ou amonio, son presentados no final, precedidos dos componentes aniónicos, ex.: cloruro de potásio, acetato de sodio, etc. Os anións receben o nome de acordo co ácido que os formou. Exemplos:
- acetatos son os sais do ácido acético
- carbonatos son os sais do ácido carbónico
- cloruros son os sais do ácido clorídrico
- cianuros son os sais do ácido Prúsico, máis coñecido por ácido cianídrico
- sulfuros son os sais do ácido sulfídrico
- nitratos son os sais do ácido nítrico
- nitritos son os sais do ácido nitroso
- fosfatos son os sais do ácido fosfórico
- sulfatos son os sais do ácido sulfúrico
- citratos son os sais ácido cítrico
Vexa tamén:
- electrólito
- electrólise