San Tomé e Príncipe - São Tomé e Príncipe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||
Lingua oficial | Portugués | |
Capital | San Tomé | |
Presidente | Fradique de Menezes | |
Primeira Ministra | Maria do Carmo Silveira | |
Área - Total % auga |
169° 1'001 km² 0% (illas) |
|
Poboación - Total (ano) - Densidade |
174° 165'034 170/km² |
|
Independencia | 12 de Xullo 1975 (de Portugal) | |
Moeda | Dobra (STD) | |
Fuso horario | UTC | |
Hino Nacional | Independencia total | |
Código Internet | .ST | |
Código telefónico | 239 |
San Tomé e Príncipe é un estado insular localizado no Golfo da Guinea, composto por dúas illas principais (San Tomé e Príncipe) e varias illotas, nun total de 964 km², con cerca de 120 mil habitantes. Estado insular, non ten fronteiras terrestres, mais situase relativamente próximo das costas do Gabón, Guinea Ecuatorial, Camerún e Nixeria.
Índice |
[editar] Historia
As illas de San Tomé e Príncipe estiveron deshabitadas ata 1470, cando os navegadores portugueses João de Santarém e Pedro Escobar as descobriron. A cana-de-azúcar introdúcese nas illas no século XV, mais a concorrencia brasileira e as constantes rebelións locais levaron a cultura agrícola ao declive no século XVI. Deste xeito, a decadencia azucareira tornou as illas en postos de escravos.
Nunha das varias revoltas internas nas illas, un escravo chamado Amador, considerado heroe nacional, controlou cerca de dous terzos da illa de San Tomé. A agricultura só é estimulada no arquipélago no século XIX, co cultivo de cacao e café. En 1960, xorde un grupo nacionalista opositor ao dominio portugués. En 1972, o grupo dá orixe ao MLSTP (Movimento de Liberación de San Tomé e Príncipe), de orientación marxista. Asi, en 1975, despois de preto de 500 anos de control do Portugal, o arquipélago é descolonizado. Despois da independencia, foi implantado un réxime socialista de partido único baixo o levantamento do MLSTP. Dez anos despois da independencia (1985), iníciase a abertura económica do país. En 1990, adóptase unha nova constitución, que institúe o pluripartidarismo.
No ano seguinte, as eleccións lexislativas apresentan o PCD-GR (Partido de Convergencia Democrática - Grupo de Reflexión) como grande vencedor, ao conquistar a maioria das cadeiras. A elección para presidente contou coa participación de Miguel Trovoada, ex-primeiro ministro do país que estaba exiliado desde 1978. Sen adversarios, Trovoada foi eleito para o cargo. No 1995, institúese un goberno local na illa de Príncipe, coa participación de cinco membros. Nas eleccións parlamentarias do 1998, o MLSTP incorpora no seu nome PSD (Partido Social Democrata) e conquista a maioria no Parlamento, o que tornou posible ao partido nomear o primeiro-ministro.
[editar] Política
Partidos Políticos
- MLSTP-PSD: Movimento de Libertación de San Tomé e Príncipe – Partido Social Democrata
- ADI: Ación Democrática Independente
- PCD-GR: Partido de Convergencia Democrática – Grupo de Reflexión
Poder Lexislativo
- Unicameral – Aeamblea Nacional, con 55 membros
- Constitución: 2003
[editar] Xeografía
As illas de San Tomé e do Príncipe fican situadas a cerca de 300 km da costa Ocidental de África, sendo atravesadas polo Ecuador.
[editar] Economía
San Tomé e Príncipe ten apostado no turismo para o seu desenvolvimento, mais a recente descoberta de xacimentos de petróleo nas suas augas abriu novas perspectivas para o futuro.
[editar] Demografía
Do total da poboación de San Tomé e Príncipe, cerca de 131000 viven en San Tomé e 6000 no Príncipe. Todos eles descenden de varios grupos étnicos que emigraron para as illas desde 1485.
As illas son unha antiga colonia portuguesa. Nos anos 1970 houbo dous fluxos populacionais significativos — o éxodo da maior parte dos 4000 residentes portugueses e o influxo de varias centenas de refugiados San-tomenses vidos de Angola. Os illeus foron na súa maior parte absorbidos por unha cultura común luso-africana. Case todos pertencen ás igrexas Católica Romana, Evanxélica, Nazarena, Congregación Cristiá ou Adventista do Sétimo Dia, que, á súa vez, manteñen lazos estreitos coas igrexas en Portugal.
A gran maioria do pobo San-tomense fala portugués (95%), mais tamén fala tres crioulos portugueses diferentes.
[editar] Cultura
Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
---|---|---|---|
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |