Servizo militar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O servizo militar (coñecido en España como "as quintas" ou "a mili") é un período de duración e obrigatoriedade variada, no cal os cidadáns dun país (habitualmente, só os homes), deben recibir adestramento militar en cuarteis como preparación para unha eventual guerra. Canto máis conflitivo e militarizado for o país, maior será a posibilidade de que os seus cidadáns estean submetidos ao servizo militar. En xeral, o seu tempo medio de duración é de un ano, exceptuándose casos especiais como o de Israel, en que homes e mulleres reciben adestramento militar periodicamente.
Na España o servizo militar obrigatorio (exclusivo para os homes) aboliuse en 2001. Daquela duraba nove meses pero unha grande parte dos xoves escollían realizar unha "prestación social substitutoria".
[editar] Ver tamén
- Obxección de conciencia
- Insubmisión