Sun Tzu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sun Tzu (孫子 en pinyin: Sūn Zǐ), coñecido no oriente como Sun Zi, foi o autor de A arte da guerra, famoso libro chinés sobre tácticas militares. Foi tamén un dos primeiros realistas das ciencias políticas.
A única fonte que sobreviviu até os nosos días sobre a vida de Sun Tzu escribiuna no século II a.C. o historiador Ssu-ma Ch'ien, que o describe como un xeneral que viviu no estado de Wu no século VI a.C.. No entanto a biografía non é coherente con outras fontes sobre o período, e todo leva a crer que o libro debeu ser escrito entre 400 a.C. e 320 a.C..
Moitos investigadores e historiadores negan a existencia histórica de Sun Tzu, como negan a de Homero, Pitágoras, Lao-Tsé e o propio Xesús Cristo.
Non existe unha biografía linear de Sun Tzu, con inicio, medio e fin. O que existe son concisas narracións dalgúns feitos da súa vida.