Theodor Adorno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Theodor Ludwig Wiesengrund Adorno (Frankfurt 1903 – Visp 1969) foi un sociólogo, filósofo, musicólogo e compositor alemán. Membro da Escola de Fráncfort xunto a Max Horkheimer, Walter Benjamin, Herbert Marcuse, Jürgen Habermas e outros.
Estudou na Universidade de Fráncfort, e 1933 incorporouse ao Instituto de Investigacións Sociais de Frankfurt, de inspiración marxista, aínda que axiña tivo de deixar o país, fuxindo do nazismo. Estabeleceuse en Nova York, onde en colaboración con Max Horkheimer publica A dialéctica da ilustración (Dialektik der Aufklärung) (1947), no que pon en dúbida a viabilidade de calquera proxecto emancipador, ao describir as contradicións internas da razón.