Toronto Raptors
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Toronto Raptors | |
Conferencia | Conferencia Leste |
División | División Atlántica |
Fundado | 1995 |
Historia | Toronto Raptors (1995 - presente) |
Cancha | Air Canada Centre |
Cidade | Toronto, Ontario |
Cores | Vermello, negro, prata e morado |
Dono | Maple Leaf Sports & Entertainment Ltd. |
Adestrador Xefe | Sam Mitchell |
Campionatos NBA | 0 |
Campionatos de Conferencia | 0 |
Campionatos de División | 0 |
Os Toronto Raptors son un equipo profesional de baloncesto da cidade de Toronto, en Canadá, e xogan na División Atlántica da Conferencia Leste da NBA. Actualmente son o único equipo da NBA de Canadá e de fóra dos Estados Unidos. O dono da franquicia é a Maple Leaf Sports & Entertainment Ltd.
Índice |
[editar] Canchas
- Air Canada Centre (1999–presente)
- Rogers Centre (Antigamente Skydome) (1995–1999)
[editar] Historia da franqucia por tempadas
Os Toronto Raptors xunto ós Memphis Grizzlies convertíronse en franquicias NBA en 1995. Ámbolos dous equipos convertíronse nas primeiras franquicias da NBA en Canadá dende os Toronto Huskies na tempada 1946-1947.
[editar] 1995-96
Despois de que Isiah Thomas fora nomeado General Manager en 1995, rápidamente comezou a súa xestión co seu propio personal, incluíndo ó primeiro Adestrador Xefe da franquicia Brendan Malone (quen despois volveríase a reunir con Thomas no organigrama dos Knicks en 2003). No verano de 1995, a liga fixo un draft de expansión para rechear ós cadros de xogadores dos Toronto Raptors e dos Vancouver Grizzlies. O lanzamento dunha moeda determinou que os Raptors serían os primeiros en elixir, e chamaron ó base dos Chicago Bulls, e especialista en triplas, BJ Armstrong. Nun movemento que parecía ser unha constante nos primeiros días da franquicia, BJ ameazou con non ir ó campus de adestramento, e Isiah Thomas rápidamente transpasouno ós Golden State Warriors polos ala-pivotes Carlos Rogers e Victor Alexander e os dereitos sobre as eleccións de segunda rolda do draft de 2005 Dwayne Whitfeld, Martin Lewis e Michael McDonald. Thomas elixiu xogadores de tódolos tipos no draft de expansión, incluíndo ós veteráns Jerome Kersey, Willie Anderson e John "Spider" Salley.
Como Toronto elixiu primeiro no draft de expansión, no draft de 1995 elixiu primeiro Vancouver. Thomas decidiu construí-la franquicia en base a Damon Stoudamire, un base saído da Universidade de Arizona. A elección de Stoudemire agradou ós presentes no draft de 1995 no Rogers Center de Toronto, a maioría atraídos pola presenza do Xogador do Ano e MVP da final da NCAA Ed O'Bannon, da Universidade de California. De tódolos modos, a elección de Stoudemire resultou se-la correcta, xa que foi nomeado Rookie do ano da NBA promediando 19 puntos e 9.3 asistencias por partido. Este equipo lembrarase por gañarlles ós Bulls do 72-10 sendo unha franquicia nova.
Récord: 21 vitorias - 61 derrotas
[editar] 1996-97
O récord de vitorias do equipo mellorou en nove partidos repecto ó ano pasado, e a asistencia á cancha mellorou. Os analistas especializados prediciron que Toronto ía a ser un aspirante ós playoffs ou incluso ó títuo en cuestión dunhas poucas tempadas. Marcus Camby, elixido coma número dous no draft de 1996, fixo unha primeira tempada decepcionante.
Récord: 30 vitorias - 52 derrotas
[editar] 1997-98
Todo o optimismo esvaeceuse cando o equipo foi prexudicado por numerosas lesións ó principio da tempada 1997-1998. Aínda que Thomas era un membro do Hall of Fame e un ollador moi habilidoso (como demostrou coas eleccións de Damon Stoudemire, Marcus Camby e Tracy McGrady), resignouse, recoñeceu que a súa xestión foi errada e dimitiu. Glen Grunwald, avogado e antigo xogador de baloncesto, foi contratado como novo General Manager. Coa salida do seu mentor, Stoudemire pediu inmediatamente un traspaso e o 13 de febreiro de 1998, o primeiro xogador franquicia dos Raptors marchou ós Portland Trail Blazers xunto a Walt Williams e Carlos Rogers por Kenny Anderson, Alvin Williams, Gary Trent, dúas eleccións de primeira rolda no draft e cartos. Kenny Anderson negouse a ir a Toronto e foi intercambiado cos Boston Celtics o 18 de febreiro de 1998 con Zan Tabak e Popeye Jones por Chauncey Billups, Dee Brown, Roy Rogers e John Thomas.
Toronto conseguiu o peor récord da súa historia e Grunwald encarouse ós siareiros descontentos no derradeiro partido da tempada na súa cancha, prometendo mellores tempos para a franquicia. O paso máis grande para gañar credibilidade foi o traspaso da súa cuarta elección no draft desde ano, Antawn Jamison, ós Golden State Warriors por Vince Carter, elixido na quinta posición nese mesmo draft.
Récord: 16 vitorias - 66 derrotas
[editar] 1998-99
Para conseguir crebidilidade no seu proxecto, Grunwald mandou a Marcus Camby ós Knicks a cambio do xa veterán Chales Barkley, pensando en que a súa dura mentalidade e a súa experiencia nos playoffs axudarían ós novos xogadores a alcanza-la súa madurez baloncestística. Moita xente pensou que o intercambio era malo para o equipo, xa que estaba dando unha xoven promesa a cambio dun veterán cerca do retiramento. Pero resultou que o liderazgo de Barkley foi indispensábel para o éxito dos Raptors da tempada 1998-99. O equipo do adestrador arranxou de forma temporal a falta dun auténtico base rotando no posto a Dee Brown, Alvom Williams e Doug Christie. Foi unha opción excelente, xa que Christie mellorou moito o seu xogo defensivo converténdose nun dos defensores da elite da NBA. Alvin tamén mostrou unha melloría no aspecto ofensivo do xogo. Kevin Willis, outro veterán adquirido nun traspaso, consolidou o posto de pivote. Con esos dous fallos recheados temporalmente, o equipo gañou máis partidos que nunca. O novo adestrador, Butch Carter, tamén axudou a desenvolve-las cualidades dos xogadores xóvenes do equipo, especialmente as do futuro All-Star Tracy McGrady. Aínda que o equipo non conseguiu chegar ós playoffs, moitos eran moi optimistas por mor das brilantes actuacións de Vince Carter, Rookie do Ano, e un moi mellorado Tracy McGrady.
Récord: 23 vitorias - 27 derrotas (temporada da folga, só se disputaron 50 encontros).
[editar] 1999-2000
Grunwald decidiu que a solución á falta de experiencia e á unha presencia forte dos Raptors na pintura tiña que vir dos xogadores veteráns. Tamén sabía que os xa maiores Willis e Oakley terían que xogar só ocasionalmente ou arresgaríanse a unha lesión. Por isto, no draft de 1999 decidiu transpasar a súa elección de primeira rolda, Jonathan Bender, ós Indiana Pacers a cambio do ala-pivote Antonio Davis, que na tempada anterior xogara como suplente no posto de Dale Davis. Na cancha, Butch Carter rotaba a Carter, Christie, Williams e a Dell Curry no posto de escolta, mentres que no posto de base xogaban Williams e Muggsy Bogues. A rotación de Antonio, Oakley e Willis na pintura e a madureza de Carter e McGrady axudaron ó equipo a calificarse para os playoffs por primeira vez na súa curta historia. Pero sen experiencia, os Raptors foron barridos polos New York Knicks en primeira rolda.
A progresiva mellora do equipo e a ascensión de Vince Carter atrouxeron a moitos siareiros novos, e incluso a algúns que non lles gostaba o baloncesto anteriormente. O aumento da venda de entradas e o paso dos siareiros dos Toronto Blue Jays de béisbol ós Raptors tamén contrubuíron ó declive dos primeiros. E ademáis, esta tempada foi a primeira que se xogou no Air Canada Centre, despois de catro anos xogando no antigo SkyDome.
Récord: 45 vitorias - 37 derrotas; eliminados na primeira rolda dos playoffs.
[editar] 2000-01
O desastre do playoff (e Butch Carter atacando a Marcus Camby nos medios de comunicación) levou a Grunwald a contratar a Lenny Wilkens en substitución de Carter. Wilkens é membro do Hall of Fame, e ten máis de trinta anos de experiencia coma adestrador. Ademáis, o equipo asinou a un verdadeiro base, o veterán Mark Jackson, cun contrato de catro anos de duración. A tempada trouxo a explosión de Alvin Williams como revulsivo, xa que anotou tres cuartas partes dos seus puntos da tempada no último cuarto. Sería transpasado para darlle máis minutos a Williams.
Cun Vince Carter xogando máis tempo de escolta que de ala, Christie tornouse prescindible, e foi transpasado a cambio do ala Corliss Williamson. Sen embargo, Williamson foi unha decepción e foi transpasado nisa mesma tempada por Jerome Williams. A pérdida da súa antiga estrela Tracy McGrady tamén influíu no intercambio de Williamson. Aínda que McGrady e Carter mostraron unha melloría impresionante, a meirande parte dos medios e dos siareiros fixáronse e Carter, e ademáis compartían a mesma posición natural (ala), facendo imposíbel telos xogando xuntos. Entón a directiva dos Raptors decidiu mandalo ós Magic na pretempada do 2000 por unha elección de primeira rolda e un sign-and-trade.
Como predixeran os analistas, o equipo conseguiu con moita dificultade unha praza nos playoffs. Na primeira rolda, Toronto gañoulles ós Knicks. Wilkens gañou credibilidade por poñer a Williams a defender ó base Allan Houston e a Carter ó ala Latrell Spreewell, as duás maiores ameazas ofensivas dos Knicks. Ademáis, as palabras de Charles Oakley a Carter dicíndolle que "xogara coma un home" (e o fixo), e a contribución de Antonio Davis prevaleceron sobre ós Knicks.
A seguinte rolda contra os Philadelphia 76ers foi unha sinal para os Raptors: un xogo rápido e entretido, e a mellor actuación nuns playoffs na súa historia. Os Sixers confiaron en Allen Iverson e en Dikembe Mutombo polos seus atributos ofensivos e defensvos respectivamente, e na axuda de Aaron McKie e dos demáis compañeiros de equipo. Toronto era un equipo máis equilibrado com Carter, Williams e Davis aportando a meirande parte do ataque e Chris Childs e Jerome Williams facendo a presión defensiva. Philadelphia tomou vantaxe na pintura pola diferencia dos pivotes ó seu favor, mentres Toronto contraatacaba cos seus xogadores, máis pequenos pero máis rápidos. A serie decidiuse nos derraderos catro segundos do sétimo partido, cando Carter errou por moi pouco o tiro decisivo, perdendo a rolda por un punto. Carter foi moi criticado por acudir na mañá deste partido á súa cerimonia de graduación na Universidade de Carolina do Norte. Pero incluso coa derrota, a tempada foi considerada como a mellor xamáis xogada pola franquicia.
Récord: 47 vitorias - 35 derrotas; eliminados na segunda rolda dos playoffs.
[editar] 2001-02
A actuación dos Raptors nos playoffs da tempada anterior trouxo aínda máis siareiros e una confianza sen precedentes en Grunwald. Nun intento de contentar a Carter e facer que se quedara no equipo, ofrecéronselles novos contratos de longa duración a Alvin Williams, Jerome Williams e Antonio Davis, e contratouse ó antigo All-Star Hakeem Olajuwon. Aínda que se garantía una quinta titular moi poderosa, era unha aposta arresgada, xa que case alcanzábase o límite salarial, facendo imposíbel a contratación dun axente libre de renome. Os contratos en último ano tamén foron intercambiados, así a non ser que os Raptors fixeran unha moi boa tempada, era tremendamente improbábel que poideran manter un equipo moi competitivo.
Parecía que os Raptors ían facer outra tempada competitiva, cun balance de 29-21 antes do parón do All-Star. Por terceiro ano consecutivo, Carter foi o xogador máis votado para o partido das estrelas. Desafortunadamente, Carter, que cada vez mancábase con máis frecuencia, sufriu unha tendinite, o que non lle permitiu xogar o que restaba de tempada, nin o All-Star, por suposto.
Sen o seu xogador franquicia, os Raptors entraron nunha racha horribel, perdendo 17 dos seus seguintes 18 encontros. Pero cando o ano parecía perdido, foron quen de gañar 12 dos derradeiros 14 partidos da tempada regular, logrando unha praza para playoffs. Isto foi posible grazas a que os Rators fixeron algunhas das mellores actuacións defensivas do ano, xunto ás boas actuacións de Antonio Davis e Keon Clark.
Sen embargo, botouse moito de menos a Vince Carter na primeira rolda contra os Detroit Pistons, segundos de conferencia na tempada regular. No primeiro encontro, Detroit meteulle unha paliza ós Raptors, gañándolles por 83-65, e cunha impresionante actuación de Ben Wallace, que anotou 19 puntos, colleu 20 rebotes, puxo 3 tapóns e deu 3 asistencias. Pero cando ían perdendo 2-0 na rolda, Toronto gañou os dous seguintes partidos na súa cancha e forzou o decisivo quinto encontro.
O quinto encontro foi moi disputado ata o final, cunha pobre actuación de Jerry Stackhose, o líder en anotación dos Pistons, que tan só anotou 5 puntos (1 de 10 en tiros de campo). A case 10 segundos do final, Tronto perdía 85-82 pero tiña a posesión da pelota. Chris Childs atravesou a cancha e lanzou mal unha tripla, aparentemente para tentar sacar unha falta persoal da xogada, en lugar de pasarlle o balón a Dell Curry, o mellor tirador de triplas do equipo, que estaba aberto nunha banda. Nunha entrevista nos vestiarios depois do partido, Childs insistía en que Toronto perdía por catro, non por tres.
Se a resurreción da parte final da tempada dos Raptors, foi "unha volta milagrosa", a eliminación dos playoffs tiña que ser unha decepción colosal. Desafortunadamente, Hakeem Olajuwon fixo unha tempada desastrosa, promediando os seus números máis baixos en toda a súa carreira profesional en minutos, puntos e rebotes. E os membros clave do limitado éxito do equipo na anterior e nesta tempada marcharon como axentes libres ou se retiraron: Chris Childs, Keon Clark e Dell Curry. Estaba claro, para ben ou para mal, que o equipo da seguinte tempada ía ser moi diferente ó desta.
Récord: 42 vitorias - 40 derrotas; eliminados na primeira rolda dos playoffs.
[editar] 2002-03
A tempada 2002-03 comezou co mesmo optimismo fundado nas tres aparicións seguidas dos Raptors nos playoffs. Nembargantes, xa no comezo da tempada ese optimismo perdeuse: Carter atravesou unha serie consecutiva de lesións, Davis comezaba a non sentirse cómodo (influído pola imposibilidade de que a súa muller conseguira un traballo na televisión en Toronto) e a mala actitude de Wilkens crearon un equipo falto de motivación e do espírito dos anos anteriores. A meirande parte do equipo sufriu lesións, tantos que incluso batiron o récord da NBA de xogadores non dispoñíbels por lesión, outra razón principal da debacle dese ano. Case dende o primeiro día, os medios de comunicación de Toronto atacaron a Wilkens pola sue imcompetencia -ou quizais, o seu desexo de marchar do equipo-. Os periodista do Toronto Star Dave Perkins escibiu que todo o que Wilkens podía facer nun partido no que so Raptors xogaban mal era sentar e mirar, en lugar de gritar ós xogadores. Foi o ano no que Wilkens superou a Bill Fitch na calificación de adestradores da NBA con máis encontros perdidos, co balance acercándose perigosamente ó 50%.
Ó final desta desastrosa tempada, na que unha pésima defensa foi a tónica, Wilkens foi despedido pola porta de atrás, rematando unha etapa de tres anos no que o equipo comezou con moitas promesas pero rematou con demasiadas decepcións.
Récord: 24 vitorias - 58 derrotas
[editar] 2003-04
A tempada 03-04 dos Raptors non foi moi boa, en parte por mor das lesións dos xogadores clave Alvin Williams, Jalen Rose e Vince Carter, e con Davis e Jerome Williams intercambiados ó principio da tempada polo propio Rose e por Donyell Marshall. Despois de 50 partidos, estaban 25-25 e en posicións de playoffs. Pero as lesións atacaron de novo. Esta vez, foi Jalen Rose quen se perdeu 16 partidos por unha man rota (dende o 10 de febreiro ó 10 de marzo), e Carter tamén perdeu 6 por un esguince de nocello. Durante a lesión de Rose, o equipo perdeu 13 de 16 partidos, incluíndo 9 encontros seguidos en febreiro, meténdose nun serio problema coa calificación ós playoffs.
A oito partidos de remata-la tempada regular, o 1 de abril, os Raptors despediron a Glen Grunwald, o general manager dende 1997. Os Raptors gañaron só tres dos oito partidos que quedaban, e fóra dos playoffs. Os xogadores estrela do equipo neste ano foron Carter, quen promediou 22.5 puntos por partido, Donyell Marshall, con 10.7 rebotes por encontro, e o ala-pivote rookie Chris Bosh, con 10.5 puntos e 7.4 rebotes por partido, que foi nomeado para o Mellor equipo Rookie da NBA.
Nada máis remata-la tempada, o 17 de abril, o adestrador xefe Kevin O'Neill foi despedido despois de facer unha declaracións que foron malinterpretadas levando a cuestiona-la mentalidade gañadora do equipo. Foi substituído por Sam Mitchell un antigo base da NBA, que fora adestrador asistente nos Milwaukee Bucks as anteriores dúas tempadas. O 7 de xuño de 2004, Rob Babcock foi nomeado general manager.
Record: 33 vitorias - 49 derrotas; décimos na Conferencia Leste.
[editar] 2004-05
Con novo general manager, Rob Babcock, novo asistente de general manager, o membro do hall of fame, ex-xogador e ex-general manager Wayne Embry; novo director de personal desportivo, Alex English, e novo adestrador xefe, Sam Mitchell, era evidente que estava a ter lugar unha reestruturación do equipo. Ademáis, o xogador franquicia do equipo, Vince Carter, pediu ser transpasado durante a pretempada. Así que moitos dos feitos da tempada 2004-2005 tiveron lugar fóra da cancha.
O intercambio de Carter finalmente tivo lugar a mitade de tempada, rematando así unha relación de sete anos coa franquicia. Un tempo máis tarde, Carter admitiu que estaba a xogar só coa mitade do seu potencial, forzando así ó General Manager a transpasalo. Polo acordo, os Raptors conseguían ó antigo All-star Alonzo Mourning, ós alas Eric Williams e Aaron Williams, e dúas eleccións de primeira rolda no draft dos New Jersey Nets. Mourning prefiriu non ir a Toronto, polo que Babcock tivo que rescindir o seu contrato por uns dez millóns de dólares, sendo Mourning un axente libre que logo asinaría cos Miami Heat, onde está sete anos. Críase que os dous Williams ían aportar unha maior capacidade defensiva e reboteadora, pero xogaron moi pouco, sendo infrautilizados durante toda a tempada. Moitos crían que Babcock fixo un mal negocio en favor do Presidente de Operacións Baloncestísticas dos Nets, Rod Thorn, e algúns sectores dos siareiros dos Raptors pediron a súa dimisión.
Despois do intercambio de Carter, Chris Bosh deu un paso adiante e tomou as riendas do equipo convertíndose no novo xogador franquicia, e fixo unha moi boa actuación no seu ano de sophomore, foi décimo en rebotes defensivos. Por outro lado, a reestruturación parecía non ir en bo camiño coa oitava elección do draft, Rafael Araújo, tentando conseguir a titularidade nun último mes de campaña dos Raptors polos playoffs a medio gas.
Os veteráns Jalen Rose e Donyell Marshall tamén sobresaían no que noutra época era un bo equipo. Había moita especulación cun transpaso con Marshall antes do fin do tempo para intercambios, xa que na tempada seguinte convertiríase en axente libre. Nembargantes, Babcock retivo a Marshall, un movemento que induciu a moitos a pensar que axudaba a crear unha crise de identidade nos Raptors, xa que opinaban que ou facían unha reestruturación ou non terían éxito. Marshall terminaría dunha boa maneira a campaña 2004-2005, anotando 12 triplas contra Philadelphia 76ers o 13 de marzo de 2005 e empatando o récord que tiña Kobe Bryant.
A incapacidade dos Raptors para gañar fóra da casa (11-30), e a pobre defensa, fixo que o primeiro ano de Sam Mitchell pasara sen pena nin gloria. Sen embargo, no Air Canada Center os siareiros estaban entretidos e ledos, cunhas asistencias altas debido ó balance positivo (22-19). Mitchell tamén estaba no punto de mira das polémicas fóra da cancha. Como un apunte, o base procedente do streetball Rafer Alston nunha entrevista despois dun encontro perdido por bastante marxen dixo que estaba contemplando retirarse, mentres continuaban os encontronazos con Mitchell. Pouco despois, Alston foi suspendido dous partidos por "conducta prexudicial para o equipo" por marchar repetidamente dun adestramento. Ademáis, Eric Williams pediu ser intercambiado debido ós escasos minutos que estaba a xogar. A nai de Vince Carter fixo declaracións ós medios de comunicación sobre unha pelexa nos vestiarios entre o adestrador e o seu fillo antes da súa marcha ós Nets. Actualmente, o único All-Star potencial do equipo é Chris Bosh, e está destacando coma un dos mellores ala-pivotes da Conferencia Leste.
Récord: 33 vitorias - 49 derrotas; cuartos na división Atlántica, undécimos na Conferencia Leste.
[editar] 2005-06
A tempada 2005-2006 dos Raptors foi vista coma unha decepción. Despois de perder os primeiros nove encontros, e quince dos dezaseis primeiros, as dificultades de Toronto continuaron cando o equipo perdeu por 18 contra Los Angeles Lakers, e permitiron á súa estrela Kobe Bryant anotar 81 puntos, o segundo récord de anotación da historia da NBA.
Os Raptors foron ó draft de 2005 con dúas eleccións de primeira rolda (a sétima e a decimosexta) e dúas de segunda (41º e 58º). Elixiron a Charlie Villanueva no número sete, da Universidade de Connecticut e a Joey Graham con número 16 da Universidade de Oklahoma State. Na segunda rolda, co número 41 elixiron a Roko Ukic, de Croacia e co número 58 elixiron a Uros Slokar, de Italia. Unha vez máis, o uso dunha alta elección no draft para escoller a un xogador que estaba previsto que se escollera en posicións máis baixas (Villanueva) causou tanto alboroto entre os siareiros dos Raptors coma entre os críticos de baloncesto. Moitos afeccionados temían que se repitera a situación de Rafael Araujo. Nembargantes, o medo desapareceu cando o xogo de Villanueva ó principio da tempada impresionou tanto ós afeccionados coma ós críticos, xustificando así a súa elección. O 16 de marzo de 2006, Villanueva anotou 48 puntos, o segundo récord de anotación dos Raptors. Ademáis, foi segundo na votación para Rookie do Ano con 248 puntos, por detrás de Chris Paul (623 puntos), e claramente por diante do terceiro, Andrew Bogut (98 puntos).
Despois dun período vacacional, os Raptors comezaron o seu campus de adestramento mandando a Rafer Alston ós Houston Rockets por Mike James. En canto ós axentes libres, asinaron ó base José Calderón, que xogara as seis tempadas anteriores en España, para cubrirlle as costas ó base James. Ademáis, volveron Pape Sow e Matt Bonner; cortaron a Lamond Murray e [[Donyell Marshall convertiuse en axente libre.
Os Toronto Raptors comezaron a tempada o 2 de novembro de 2005 cunha derrota no Air Canada Centre contra ós Washington Wzards. Nas seguintes dúas semanas e media, os Raptors marcaron un novo récord para a franquicia perdendo os seus primeiros nove partidos consecutivamente. A racha acabouse sorprendentemente cunha vitoria sobre os Miami Heat o 20 de novembro.
Coas derrotas aumentando, e a atención dos medios de comunicación centrándose no equipo, contratouse ó lexendario ex-adestrador de Purdue Gene Keady como adestrador asistente, axudando a desenvolver ó núcleo xoven dos Raptors e a establecer unha boa defensa de equipo.
Tendo o peor récord da NBA, algúns rumores nos medios dicían que a saída da xoven estrela Chris Bosh era inminente, engadíndose isto ó enrarecemento do ambiente provocado polo mal inicio da tempada 2005-2006.
O 15 de xaneiro de 2006, conseguíase o récord da franquicia en puntos anotados nun partido coa vitoria sobre os Knicks 129-103; contrastando coa derrota do 22 de xaneiro contra os Lakers, no que recibiron a dubidosa honra de se-lo equipo ó que Kobe Bryant lles anotou a súa marca de 81 puntos.
Coa mirada dos medios aínda máis pendentes, o 26 de xaneiro fíxose público o despido do General Manager Rob Babcock, reemprazandoo de maneira interina Wayne Embry. Á saída de Babcock seguíronlle as de Pete Babcock e Scott Howard, facendo así máis doada a entrada dun novo equipo directivo no verán. O 2 de febreiro fixo o seu primeiro movemento importante facendo un intercambio do que o seu predecesor no cargo dubidaba moito, algo que era de coñecemento público, mandadando ós New York Knicks a Jalen Rose, unha elección de primeira rolda do draft e cartos a cambio da volta de Antonio Davis. Embry levouno a cabo coa intención de liberar un poco a carga de soldos mirando cara unha posible fichaxe duns axentes libres no verán, xa que a diferenza de Rose, Davis estaba en último ano de contrato. Aínda que houberon algúns temores iniciais de que Davis seguiría a Mourning e non quixera ir ó equipo, todo aclarouse tres días despois, cando Davis admitiu que necesitou tempo para "aclara-las súas ideas". Pero foi cortado o 24 de marzo despois de sufrir unha lesión moi grave nas costas despois de que o xogador dos Miami Heat Udonis Haslem lle fixera unha falta persoal no partido que lles enfrontou a Toronto.
Días despois do intercambio Davis-Rose, a superestrela emerxente Chris Bosh foi chamado para xogar o partido das estrelas dende a suplencia en Houston. Sería o terceiro xogador dos Raptors en xogar ese partido, despois de Vince Carter e Antonio Davis.
O 22 de febreiro a directiva dos Raptors asinau un contrato polo que o General Manager e Presidente dos Phoenix Suns, Bryan Colangelo convertiríase no sucesor de Babcock. O anuncio oficial fíxose o 28 de febreiro nunha rolda de prensa.
O 10 de marzo, Mike James empatou o récord de encontros consecutivos marcando polo menos unha tripla contra os Denver Nuggets, e dous días despois, os Raptors batiron o mesmo récord para un equipo. Foi Morris Peterson quen anotou a tripla do récord contra os Indiana Pacers. Con ese partido, eran xa 595 consecutivos anotando polo menos unha tripla. O récord anterior era dos Miami Heat con 594.
O 26 de marzo, Charlie Villanueva demostroulle a quen lle criticaba que estaban equivocados anotando 48 puntos na derrota por 9 no tempo extra contra Milwakee Bucks, o récord de puntos anotados por un rookie na historia da franquicia e igualando a Vince Carter no récord de anotación nun partido en tempada regular da franquicia. Nese mismo partido, Bosh mancaríase nun pulgar, deixandoo fóra o resto do ano, o que levaría ós Raptors a unha racha de 10 derrotas consecutivas.
Os Raptors perderon a posibilidade de entrar nos playoffs o 4 de abril, cunha derrota diante dos Boston Celtics.
O 14 de abril e dunha maneira inesperada, os Raptors conseguían gañar ós Detroit Pistons rematando así coa recha de derrotas, e impedindo que os Pistons superaran o récord de mellor balance na historia da NBA. Mike James marcou a súa mellor anotación, 39 puntos, 20 no derradeiro cuarto. Anotou oito tiros libres seguidos, marcando o récord da franquicia en tiros libres anotados consecutivamente, 18. Esta vitoria, unida á derrota da mesma noite dos Atlanta Hawks, garantía que os Raptors tiveran o quinto peor balance da tempada na NBA.
Récord: 27 vitorias - 55 derrotas, cuartos na División Atlántica e decimosegundos na Conferencia Leste.
[editar] 2006-07
Na actualidade, os Toronto Raptors teñen unha excelente base de siareiros, unha das máis grandes e apaixoadas, pero famenta de títulos. A pesares de ter só unha aparición nos playoffs na súa historia, os datos de asistencia á cancha están entre a mitade alta da NBA. Os Raptors tiveron que loitar moito dende a marcha de Vince Carter, pola que o equipo recibiu relativamente pouco.
Chris Bosh, unha estrela emerxente, é actualmente a cara dos Raptors. Está na súa terceira tempada no equipo, e xa foi nomeado All-Star no 2006. Asinou unha renovación de tres anos por 60 millóns de dólares, sendo blindado así ata o 2010.
Os Raptors só superan ós Golden State Warriors (12) e ós Atlanta Hawks (7) en tempadas consecutivas sen aparecer nuns playoffs con catro.
O xoves 8 de xuño os Raptors mandaron a Rafael Araujo ós Utah Jazz por Kris Humphries e Robert Whaley, e o 21 de xuño intercambiaron a Matt Bonnes, Eric Williams e unha elección de segunda rolda no draft de 2009]] cos San Antonio Spurs por Rasho Nesterovic e cartos.
O inicio dunha nova era para os Raptors comezou cando gañaron o sorteo das posicións do draft, saltando así cinco posicións. Usaronna para elixir ó prodixio italiano Andrea Bargnani, o primeiro xogador europeo elixido nesa posición. A isto seguiulle a contratación do General Manager do Benetton de Treviso Maurizio Gherardini para pasar a se-lo vicepresidete de operacións baloncestísticas e axudante do General Manager o 22 de xuño, sendo o primeiro europeo nun posto de executivo na historia da NBA.
Coa chegada de Bargnani, Colangelo tentou perfila-lo cadro de xogadores intecambiando a Charlie Villanueva cos Milwaukee Bucks a cambio de de TJ Ford e cartos o 30 de xuño, sorprendendo así a propios e a estranos e conseguindo para ós Raptors ó base natural que tanto necesitaba para axudar a endereza-lo rumbo da franquicia.
O 13 de xullo, asinaban ó base/escolta Anthony Parker, procedente do Maccabi de Tel Aviv, e pouco despois a John Salmons procedente dos Philadelphia 76ers vía sign-and-trade a cambio dunha elección de segunda rolda no 2007 e 2 millóns de dólares. O 24 de xullo tamén asinaban ó ala Jorge Garbajosa, procedente do Unicaja de Málaga. Garbajosa ten moita experiencia xogando co base José Calderón na selección española.
[editar] Récords absolutos da franquicia
[editar] Máis partidos xogados
- Morris Peterson: 471
[editar] Máis puntos
- Vince Carter: 9420
[editar] Máis asistencias
- Alvin Williams 1791
[editar] Máis rebotes
- Antonio Davis 2839
[editar] Mías triplas
- Morris Peterson 695
[editar] Máis tapóns
- Vince Carter 415
[editar] Máis tiros anotados
- Vince Carter 3541
[editar] Récords do equipo na NBA
- Maís tiros taponados nun encontro: 23 contra os Atlanta Hawks.
- Máis triplas anotadas nun encontro: 22 contra os Philadelphia 76ers.
- Maior múmero de encontros seguidos anotando ó menos unha tripla: 614 (e subindo).
[editar] Récords individuais destacados
- Récord en playoffs de triplas anotadas nunha mitade: 8, Vince Carter.
- Récord en playoffs de triplas anotadas nun partido: 9, Vince Carter (empatado con Rex Chapman e Ray Allen).
- Récord da NBA de triplas anotadas nun partido: 12, Donyell Marshall (empatado con Kobe Bryant.
- Récord da franquicia de puntos anotados por un rookie nun partido: 48, Charlie Villanueva.
- Récord da franquicia de tiros libres consecutivos anotados: 18, Mike James.
[editar] Récords tempada por tempada
Nota: V = Vitorias, D = Derrotas, % = Vitoria-Derrota %
Tempada | V | D | % | Play-offs | Resultados |
---|---|---|---|---|---|
1995-96 | 21 | 61 | .256 | ||
1996-97 | 30 | 52 | .366 | ||
1997-98 | 16 | 66 | .195 | ||
1998-99 | 23 | 27 | .460 | ||
1999-2000 | 45 | 37 | .549 | Perdida primeira rolda | New York 3, Toronto 0 |
2000-01 | 47 | 35 | .573 | Gañada primeira rolda Perdidas semifinais de conferencia |
Toronto 3, New York 2 Philadelphia 4, Toronto 3 |
2001-02 | 42 | 40 | .512 | Perdida primeira rolda | Detroit 3, Toronto 2 |
2002-03 | 24 | 58 | .293 | ||
2003-04 | 33 | 49 | .402 | ||
2004-05 | 33 | 49 | .402 | ||
2005-06 | 27 | 55 | .313 | ||
Total | 339 | 529 | .391 | ||
Playoffs | 8 | 12 | .400 |
[editar] Xogadores destacados
- Matt Bonner; chamado "O Cohete Vermello" polo seu pelo vermello e porque conducía de forma habitual o TTC, apodado "O Cohete".
- Marcus Camby; líder de tapóns de tódolos tempos, elixido no número dous do draft de 1996.
- Vince Carter; líder en anotación de tódolos tempos, récord da franquicia en aparicións nun All-Star con 4, e campión do concurso de mates.
- Doug Christie; transformouse nun defensor da elite e axudou a levar ós Raptors ós playoffs, líder de tódolos tempos en roubos.
- Antonio Davis; líder en rebotes de tódolos tempos, unha vez All-Star en Toronto, liderou ó equipo na última tempada que chegou ós playoffs despois da lesión de Vince Carter.
- Donyell Marshall; anotou 12 triplas nun encontro empatando o récord da NBA.
- Charles Oakley; posíbelmente o maior líder nos vestiarios dos Raptors.
- Alvin Robertson; anotou os primeiros puntos dos Raptors na NBA.
- Damon Stoudamire; a primeira elección dos Raptors nun draft, o primeiro xogador franquicia, e o primeiro en facer un triple-dobre na historia dos Raptors, con 20 puntos, 12 rebotes e 11 asistencias contra os Sonics o 21 de novembro de 1996.
- Charlie Villanueva; foi Rookie do Ano no 2006 e foi coñecido por axudar ós nenos con alopecia areate e por ser o favorito dos siareiros de Toronto.
- Alvin Williams; líder de asistencias de tódolos tempos, durante moito tempo foi considerado "o corazón e o alma dos Raptors"; probábelmente anotou o tiro máis importante da historia da franquicia na primeira rolda dos playoffs de 2001 contra os Knicks, selando así a primeira vitoria dos Raptors nunhas series de playoffs.
- Jerome Williams; un dos favoritos dos afeccionados segundo "The Junkyard Dog", actualmente a comunidade de siareiros máis representativa.
[editar] Cadro de xogadores actuais
Toronto Raptors Cadro de xogadores actuais |
||||
Adestrador Xefe: Sam Mitchell | Edit | |||
A | 7 | Andrea Bargnani | (Italia) | |
AP | 4 | Chris Bosh | (Georgia Tech) | |
B | 8 | José Calderón | (España) | |
E | 11 | T.J. Ford | (Texas) | |
A | 15 | Jorge Garbajosa | (España) | |
A | 14 | Joey Graham | (Oklahoma State) | |
AP | 43 | Kris Humphries | (Minnesota) | |
B | 20 | Fred Jones | (Oregon) | |
P | -- | Rasho Nesterović | (Eslovenia) | |
B/A | 18 | Anthony Parker | (Bradley) | |
B/A | 24 | Morris Peterson | (Michigan State) | |
AP | 9 | Pape Sow (IL) | (Cal State Fullerton) | |
A | 1 | P.J. Tucker | (Texas) | |
B | 2 | Darrick Martin | (UCLA) | |
AP/P | -- | Uroš Slokar | (Eslovenia) | |
(LI) - Lista de Inctivos | Toronto Raptors | |||
cadro en nba.com |
[editar] Lista de Adestradores Xefe
- 1995 – 1996: Brendan Malone
- 1996 – Febreiro 1998: Darrell Walker
- Febreiro 1998 – 2000: Butch Carter
- 2000 – 2003: Lenny Wilkens
- 2003 – 2004: Kevin O'Neill
- Actual: Sam Mitchell (contratado o 29 de xuño de 2004)
[editar] Lista de General Managers
- 1995 – marzo 1998: Isiah Thomas
- Marzo 1998 – Abril 2004: Glen Grunwald
- Abril 2004 – Xuño 2004 (Interino): Jack McCloskey
- Xuño 2004 – Xaneiro 2006: Rob Babcock
- Xaneiro 2006 – Febreiro 2006 (Interino): Wayne Embry
- Actual: Bryan Colangelo (contratado o 28 de febreiro de 2006)
[editar] Lista de locutores de TV
- Chuck Swirsky
- Jack Armstrong (Rogers Sportsnet)
- Leo Rautins
- Sherman Hamilton (Unha vez que Chuck estaba enfermo).
[editar] Ligazóns externas
- Web oficial dos Toronto Raptors (en inglés).
- Blog dos Raptors (en inglés).
- The Good Ol' Toronto Web dos siareiros feita de forma profesional con calendario, estatísticas e descargas (en inglés).
- Web oficial da liga de verán dos Raptors (en inglés).
- Foro oficial dos Toronto Raptors (en inglés).
- Blog e web de siareiros (en inglés).
- RealGM Foro de siareiros (en inglés).
- RaptorsBlog.com Blog dos Raptors (en inglés).
- HoopsWorld.com Foro dos Raptors (en inglés).
- Frozen Hoops Historia do baloncesto amateur e profesional de Canadá (en inglés).
- Toronto Raptors Enciclopedia deportiva E-Cyclopedia (en inglés).
NBA |
---|
Conferencia Leste |
División Atlántica: Boston Celtics | New Jersey Nets | New York Knicks | Philadelphia 76ers | Toronto Raptors |
División Central: Chicago Bulls | Cleveland Cavaliers | Detroit Pistons | Indiana Pacers | Milwaukee Bucks |
División Sueste: Atlanta Hawks | Charlotte Bobcats | Miami Heat | Orlando Magic | Washington Wizards |
Conferencia Oeste |
División Noroeste: Denver Nuggets | Minnesota Timberwolves | Portland Trail Blazers | Seattle SuperSonics | Utah Jazz |
División Pacífica: Golden State Warriors | Los Angeles Clippers | Los Angeles Lakers | Phoenix Suns | Sacramento Kings |
División Suroeste: Dallas Mavericks | Houston Rockets | Memphis Grizzlies | New Orleans/Oklahoma City Hornets | San Antonio Spurs
|
NBA All-Star Game | NBA Draft | Cadros de xogadores actuais dos equipos NBA | División Medio-Oeste |