Transpositor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chámase instrumento transpositor a aquel en que a altura das notas que soan non é a mesma que a que consta na partitura.
Isto faise por diferentes razóns:
Para evitar o uso de moitas liñas adicionais como no caso da guitarra, escrita unha octava mais aguda.
Para evitar o uso de alteracións (sostidos e bemois)
Por exemplo, se nunha partitura escrita para saxo tenor ou clarinete aparece un do o músico tocaraa e soará un si bemol, pero o instrumentista seguirá a chamarlle a esa nota do. Isto facilita moito a notación e o aprendizado, pois o músico escreve e le Do Re Mi Fa Sol La Si o que realmente é Sib Do Re Mib Fa Sol La. Ademais en algunhas familias de instrumentos as posicións dos dedos corresponde ao nome da nota e non ao seu son, asi un músico pode tocar varios instrumentos sen ter que aprender de novo as posicións. Asi é común que un saxofonista toque varios instrumentos (normalmente tenor e soprano) el le a partitura e onde pon Do el coloca os dedos para do, no tenor sonará Sib, no alto Mib e no soprano Sib unha oitava mais agudo
[editar] Instrumentos transpositores mais comúns
- Saxo tenor e clarinete soprano Si bemol
- Saxo alto e trompeta Mi bemol