Turismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O turismo é o acto de viaxar por placer e as actividades que se realizan durante as viaxes e no lugar de permanencia distinto do que se vive. Un turista é alguén que viaxa cando menos oitenta quilómetros dende a súa residencia por lecer por un período superior a 24 horas e inferiro a un ano, tal como o define a Organización Mundial do Turismo.
O turismo deu nacemento a unha verdadeira industria para a provisión do turista, dende o sistema de transportes, hostaleiros.
[editar] Historia
Xa no tempo da República romana existían cidades destinadas ao placer dos máis ricos como Baiae, a clase alta británica adoitaba facer viaxes de placer por Europa dende o século XVIII para completar a súa educación, oficialmente o termo turismo foi empregado oficialmente por primeira vez en 1937 pola Liga de Nacións.