Unión del Pueblo Navarro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Unión do Pobo Navarro (en castelán Unión del Pueblo Navarro) é un partido rexionalista situado á dereita do arco político. É o aliado do PP en Navarra xa que dende 1982 concorren conxuntamente ás eleccións. Ten uns 7.000 afiliados.
Índice |
[editar] Historia
Este partido político de ideoloxía conservadora fundouse o 3 de xaneiro de 1979 por Jesús Aizpún Tuero, José Ángel Zubiaur Alegre, María Isabel Berian Luri, Ignacio Javier Gómara Granada, Ramón Echeverría Burce, Feliciano Aramendía Echenique e José Javier Chourraut Burguete. Dous meses despois celebráronse as Eleccións Xerais de 1979, eleccións nas que obtivo 28.248 votos (un 0,16%) e un escano no Parlamento, ocupado por Jesús Aizpún Tuero. Un mes despois, nas eleccións forais acadaron 40.764 votos e 13 escanos (de 70) e 3 alcaldes e 46 concelleiros.
O ideario de UPN autodefínese como navarrismo (se ben este termo só fai referencia á Navarra española e non á francesa) e caracterízase pola súa radical oposición á incorporación da parte de Navarra que actualmente pertence ó estado español á Comunidade Autónoma Vasca.
En 1983 coa desaparición de UCD ingresan dúas terceiras partes dos órganos directivos deste partido en UPN.
En 1987 obtén a alcaldía de Pamplona por primeira vez. En 1991 firma un pacto de colaboración institucional co Partido Popular.
En 1995 o ata entón presidente do partido Juan Cruz Alli Aranguren abandona o partido e crea un propio co que forma o tripartito PSN-CDN-EA que conta co apoio de Esquerda Unida e logra formar Goberno, aínda que ó ano seguinte, Javier Otano Cid, presidente socialista, se ve involucrado no caso Urralburu e Miguel Sanz é investido presidente.
Dende entón, a UPN preséntase ás eleccións xerais e forais coligado co Partido Popular sendo sempre esta coalición o partido ou coalición mais votado.
Dende fai anos manifestaron intencións de querer modificar a Constitución para derogar a disposición número 4 relativa a unha posible unificación coa Comunidade autónoma vasca que ó parecer segundo as enquisas é apoiada por unha ampla maioría da sociedade navarra.
[editar] Resultados electorais
Ano | Votos | porcentaxe | escanos |
---|---|---|---|
1979 | 28.248 | 11,17% | 1 |
1982 | 76.255 | 25,59% | 2 (UPN-AP-PDP) |
1986 | 80.922 | 29,63% | 2 (AP-PL-UPN) |
1989 | 92.216 | 33,18% | 3 (UPN-PP) |
1993 | 112.228 | 36,13% | 3 (UPN-PP) |
1996 | 120.335 | 37,12% | 2 (UPN-PP) |
2000 | 150.995 | 49,89% | 3 (UPN-PP) |
2004 | 127.653 | 37,60% | 2 (UPN-PP) |