Urano (planeta)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
Urano é un planeta do Sistema Solar situado entre Saturno e Neptuno. Descoberto en 1781, recebeu o nome de Georgium Sidus, en homenaxe ao rei Xurxo III do Reino Unido. Durante moito tempo coñeceuse como Georgian, finalmente en 1850, foi rebatizado como Urano, de acordo coa tradición de dar nome de deuses aos planetas. É o 7º na orde das distancias ao Sol.
[editar] Órbita
Unha curiosidade deste planeta digna de destacar é a súa inclinación axial próxima aos 90º, ou sexa, Urano praticamente xira "deitado", estando suas rexións ecuatoriais moi fracamente expostas á luz e mais á enerxía solar. O que ainda permanece incógnito e sen resposta clara, é o feito de que a temperatura destas rexións non sexan menores das que se rexistran nos pólos, estes, en función da inclinación axial, máis expostos a radiación solar. É probable que haxa algun tipo de xeración de calor e que a dinámica atmosférica deste planeta promova de algún xeito, o quencimento das rexións ecuatoriais, mais ata o momento non hai consenso entre os científicos.
[editar] Satélites
Ten 15 satélites arredor de si e mais un fino anel de pó. O seu diametro é de preto de 51 000 km, isto é, 4 veces superior ao da Terra. Os nomes dos satélites de Urano foron extraídos de personaxes da peza Soño dunha noite de verán, de William Shakespeare: Oberon, Titania, Umbriel, Ariel, Miranda, Puck, Porcia, Xulieta, Cresida, Rosalinda, Belinda, Desdémona, Cordelia, Ofelia e Bianca.
Os astrónomos localizaron cinco deles entre 1787 e 1848. A misión espacial Voyager detectou os outros dez en 1985 e 1986.
Sistema Solar | |
---|---|
Sol | Mercurio | Venus | Terra | Marte | Xúpiter | Saturno | Urano | Neptuno | Plutón |
|
Cinto de asteroides | Cinto de Kuiper | Nube de Oort |