Werder Bremen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome completo | SV Werder Bremen | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Alcume(s) | Werder | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Fundación | 4 de febreiro de 1899 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome do estadio | Weserstadion, Bremen | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Inauguración | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Capacidade | 43.500 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Presidente | Jürgen L. Born | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Adestrador | Thomas Schaaf | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Temp. 2005-06 | 2º | ||||||||||||||||||||||||||||||||
[ Páxina web oficial] | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
O Werder Bremen é un clube de fútbol xermano da cidade de Bremen, na zona noroeste do estado do mesmo nome. Foi fundado en 1899 coma o FV Werder por un grupo de dezaseis estudantes.
Índice |
[editar] Historia
Nos seus comezos, o clube obtivo bastantes éxitos, gañando un bo feixe de campionatos locais. Foron o primeiro equipo en cobrarlles ós espectadores por acudir aos encontros e tamén os primeiros en vaiar o seu campo. É no ano 1920 cando adoptan o nome actual SV Werder Bremen. Pouco despois, en 1922 convértense no primeiro equipo de Alemaña en contratar un adestrador profesional.
Coma outras organizacións da Alemaña, o clube disolveuse por orde das forzas de ocupación aliadas despois da Segunda Guerra Mundial. Puideron reconstituilo a finais de 1945 coma Gymnastics and Sport Club Werder of 1945, que axiña trocou Sport Club Green White of 1899. Por fin, a comezos de 1946 puideron reclama-lo nome SV Werder. Neses intres ós xogadores profesionais non se lles permitía xogar na Alemaña.
Entre of remate da Guerra e a formación da Bundesliga en 1963 o clube era recoñecido coma o segundo máis importante do norte, tra-lo Hamburger SV. En 1961 cagaron o seu primeiro título da Copa de Alemaña. Así, conseguiron unha praza na primeira división da Bundesliga cando ésta se formou, e ao ano seguinte xa gañaran o títlo de liga.
Os anos 70 foi unha época de vacas fracas para o clube que culminou co descenso na tempada 1980-81. Non tardarían en voltar á división de honra.
A escadra recuperaríase baixo a dirección do adestrador Otto Rehhagel, que levou ao clube o recupera-lo seu lugar coma un dos mellores clubes alemáns: Foron campións de liga en 1988, subcampións en 1983, 1985 e 1986; na Copa foron campións en 1991 e subcampións 1989 e 1990. En europa fixéronse coa Recopa de Europa de Fútbol en 1992. En 1995 o Werder gaña a súa terceira liga e Rehhagel abandoa o clube tras unha impresionante traxectoria chea de éxitos.
Aínda que a marcha do técnico supúxolle ao clube unha perda considerable, a escadra seguíu a estar na parte alta da táboa. Gañaron a Copa en 1999 e quedaron subcampións no 2000. No ano 2004 fixeron un "dobrete" ao gaña-la liga amáis da Copa.
Nestes últimos anos é un habitual da Liga de Campións.
[editar] Club Culture
O Werder Bremen ten una grande amizade co Rot-Weiss Essen, clube que agora milita na 2ª división. Por outra banda, ocorre todo o contrario co Bayern Munich, co que manteñen unha forte rivalidade dende hai moitos anos. Nos últimos tempos tamén hai un forte rexeitamento ao FC Schalke 04, debido á súa política de levarse a algúns dos mellores xogadores do Werder facéndolles lucrativos contratos: Ailton, Mladen Krstajic, Frank Rost, Oliver Reck, e Fabian Ernst.
[editar] Plantel 2006/07
|
|
[editar] Xogadores destacados de tódalas épocas
|
[editar] Adestradores destacados
- Otto Rehhagel
- Thomas Schaaf