Wikimedia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Wikimedia Foundation, Inc. (Fundación Wikimedia) é a organización matriz da Galipedia (Wikipedia), Galizionario (Wikcionario), Wikiquote, Wikilibros, Wikisource, In Memoriam 9/11, Wikimedia Commons, Wikispecies, Wikinews, e a abandonada Nupedia. É unha fundación sen fins lucrativos que obedece ás leis do estado da Florida nos Estados Unidos. A súa existencia foi anunciada polo antigo director xeral de Bomis e cofundador da Wikipedia, Jimbo Wales, o 20 de xuño do 2003. A coordinación de todos os proxectos Wikimedia, incluido MediaWiki, está no Meta-Wiki e nas distintas listas de discusións.
O nome da Wikimedia é unha mistura entre wiki e multimedia, este nome foi acuñado por Sheldon Rampton nunha lista de correo en marzo do 2003. Os nomes de dominio http://wikimedia.org e http://wikimediafoundation.org foron adquiridos para a fundación por Daniel Mayer. Os nomes e marcas dos servidores da Wikimedia son de propiedade dos propios proxectos da Wikimedia e MediaWiki. Os colaboradores posuen os contidos baixo a licenza GNU FDL previndo que calquera persoa controle os contidos.
Meta-Wiki - Coordinación | Commons - Multimedia | Galizionario - Dicionario |
Galilibros - Libros | Wikisource - Documentos | Galicitas - Citas |
Wikispecies - Especies | Wikinews - Novas | Wikiversity - Aprendizaxe |
[editar] Ligazóns Externas
- Fundación Wikimedia (en inglés)