World Wide Web
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A web ou WWW (acrónimo inglés de World Wide Web,ou Gran Arañeira Mundial) é unha rede de páxinas escritas en hipertexto, coa linguaxe de marcaxe HTML, e conectadas entre sí, de xeito que forman un só corpo de coñecemento fácilmente navegable. Para acceder á web, a única ferramenta indispensable é un navegador web.
A web basease en tres estándares para funcionar:
- Uniform Resource Location (URL), que se encarga de dar unha dirección única a cada páxina para que poida ser claramente localizada;
- Hyper Text Transfer Protocol (HTTP), que especifica a maneira na que se enviará e se recibirá esta información entre o navegador e o servidor;
- Hyper Text Markup Language (HTML), un método para especificar ó navegador cómo se ha de ver esta información.
Actualmente, o organismo encargado de manter estes tres estándares é o W3C, dirixido por Tim Berners-Lee, o creador da Web.