Xeoloxía histórica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo debe ser combinado con escala de tempo xeolóxico
Rama da xeoloxía que estuda as transformacións que sufriu a Terra dende a súa formación fai uns 4.500 millóns de anos ata os nosos días.
Para establecer un marco temporal absoluto os xeólogos desenvolveron unha cronoloxía a escala planetaria dividida en eóns, eras, períodos, épocas e idades. Esta escala baséase nos grandes eventos biolóxicos e xeolóxicos.
[editar] Escala de tempo xeolóxico
A maioría das cifras están en millóns de anos (m.a.):
- Eón Fanerozoico (544 m. a. ata o presente)
- Era Cenozoica (65 m.a. ata o presente)
- Cuaternario (1.8 m.a. ata o presente)
- Holoceno (11.000 anos ata o presente)
- Pleistoceno (1.8 m.a. a 11.000 anos)
- Cuaternario (1.8 m.a. ata o presente)
- Era Mesozoica (245 a 65 m.a.)
- Era Paleozoica (544 a 245 m.a.)
- Era Cenozoica (65 m.a. ata o presente)
- Tempo Precámbrico (4.500 a 544 m.a.)
- Era Proterozoica (2.500 a 544 m.a.)
- Neoproterozoico (900 a 544 m.a.)
- Mesoproterozoico (1.600 a 900 m.a.)
- Paleoproterozoico (2.500 a 1.600 m.a.)
- Arcaico (3.800 a 2.500 m.a.)
- Hadeico (4.500 a 3.800 m.a.)
- Era Proterozoica (2.500 a 544 m.a.)
[editar] En táboa
Anos atrás3,6 | Época | Período/Era4,5 | Era | Eón | Eventos Principais | |
---|---|---|---|---|---|---|
Día Actual | Holoceno | Cuaternario | Era Cenozoica | Eón Phanerozoico | Final da Era de Xeo e xurdimento da civilización actual | |
10,000 | Pleistoceno | Extinción de grandes mamíferos. Evolución dos humanos modernos | ||||
1.6 millóns | Plioceno | Terciario | Neoxeno | |||
5 millóns | Mioceno | |||||
23 millóns | Oligoceno | Paleoceno | ||||
38 millóns | Eoceno | |||||
55 millóns | Paleoceno | |||||
64.3 millóns* | Cretáceo | Era Mesozoica | Os dinosauros alcanzan o pico, comezan a declinar. Extinción masiva do Cretáceo-Terciario. Primitivos mamíferos placentaríos. |
|||
146 millóns | Xurásico | Mamíferos marsupiais, primeiras aves, primeiras plantas con flores | ||||
208 millóns | Triásico | Extinción masiva do Triásico-Xurásico. Primeiros dinosauros, mamíferos ovíparos |
||||
251.1 millóns* | Pérmico | Era Paleozoica | Extinción masiva do Pérmico-Triásico - 95% da vida na Terra desaparece | |||
286 millóns | Carbonífero¹ | Pennsylvanian | Abundantes insectos, primeiros réptiles, bosques de carbón | |||
325 millóns | Mississippian | Árbores grandes primitivas | ||||
360 millóns | Devónico | Aparecen os primeiros anfibios, Lycopsida e progymnosperms | ||||
408.5 millóns* | Silúrico | Primeiras plantas terrestres fósiles | ||||
443.5 millóns* | Ordovícico | Invertebrados dominantes. Extincións masivas do Ordovícico-Silúrico. |
||||
490 millóns* | Cámbrico | Maior diversificación da vida durante a explosión Cámbrica. Extincións masivas do Cámbrico-Ordovícico. |
||||
545 million* | Neoproterozoico² | Era Proterozoica | Tempo Precámbrico7 | Primeiros metazoarios | ||
900 millóns | Mesoproterozoico | |||||
1,600 millóns | Paleoproterozoico | Primeira Eucariota | ||||
2,500 millóns | Arcaico | Procariota | ||||
3,800 millóns | Hadeico | Formación da Terra |
1) En América do Norte, o Carbonífero subdivídese nos períodos Mississippian e Pennsylvanian.
2) Descubrimentos feitos durante o pasado cuarto de século cambiaron substancialmente a forma de ver os eventos xeolóxicos e paleontolóxicos inmediatamente anteriores ó Cámbrico. A nomenclatura non se estabilizou. O termo Neoproterozoico é utilizado aquí, pero outros escritores poderían igualmente usar outros termos como 'Ediacariano', 'Vendiano', 'Varangiano', 'Precámbrico', 'Protocambriano', 'Eocambriano', ou poderían estender o período de duración do Cámbrico. Todos estes termos son considerados como un subconxunto do Proterozoico máis ca como un período entre o Paleozoico e o Proterozoico.
3) As datas son incertas mostrando unha leve diferenza coas fontes en común. Isto débese á incerteza do fechado radiométrico e ó problema de que depósitos que son susceptibles de ser fechadas radiometricamente non sempre son examinados no lugar exacto na columna xeolóxica que se desexa fechar. Datas cun * son determinadas radiometricamente baseadas en acordos internacionais con GSSP. Tódalas datas danse para o fin da época en cuestión.
4) Os paleontólogos xeralmente fan referencia á etapa faunal en lugar dos períodos xeolóxicos. A nomenclatura de etapas é bastante complexa. Ver http://flatpebble.nceas.ucsb.edu/public/harland.html para obter unha lista ordenada por Etapas faunais. Tamén ver GSSP.
5) Como uso común os períodos Terciario- Cuaternario e Paleoceno-Neoxeno-Cuaternario son considerados equivalentes a Mesozoico e Paleozoico. O termo 'Período|Era' (exemplo 'Neoxeno Período|Era') é ás veces usado en lugar de 'Período'.
6) O tempo mostrado na columna "Anos atrás" é o que corresponde á fin da época na columna que di "Época".
7) O Precámbrico era tamén denominado Criptozoico.
[editar] Referencias
- http://club.telepolis.com/geografo/general/tgeologico.htm
- Overview of Global Boundary Stratotype Sections and Points (GSSP's). Escala estratigráfica oficial, actualizada en 2004.
- http://www.ucmp.berkeley.edu/help/timeform.html
- no:bilde:Jordens tidsaldre.jpg (imaxe esquematizada, en noruegués)