XFS
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
XFS é un sistema de ficheiros de alto rendemento creado por SGI para o sistema Irix, unha implementación do Unix. En Maio do 2000, SGI liberou SGI baixo unha licencia de código aberto.
Ven por defecto coas versións 2.5.xx e 2.6.xx do kernel Linux, e tamén na serie 2.4.xx a partir do 2.4.25 cando foi considerado estable para a súa introdución (para versións anteriores da serie 2.4.xx existen parches feitos pola comunidade).
Hai tamén tentativas de portalo para outros sistemas coma FreeBSD.
[editar] Ver tamén
- Sistema de ficheiros
- X_Font_Server