Zheng He
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zheng He (chinés tradicional: 鄭和, chinés simplificado: 郑和 , Hanyu Pinyin: Zhèng Hé, Wade-Giles: Cheng Ho) (1371 - 1435) foi un famoso mariñeiro e explorador chinés que realizou unhas viaxes colectivamente chamadas "Eunuch Sanbao ao océano occidental" (三保太監下西洋) ou "Zheng He ao océano occidental", de 1405 a 1433.
[editar] Viaxes
"O océano occidental" refírese aos lugares en Asia e África que Zheng He explorou, incluíndo:
- Asia do sueste
- Sumatra
- Xava
- Ceilán
- India
- Persia
- O golfo pérsico
- Arabia
- O Mar Vermello até Exipto
- Sur de África até o canal de Mozambique
O número das súas viaxes varía dependendo do método de división, pero explorou como mínimo sete veces cara "o océano occidental" coa súa flota. A súa escuadra consistía nuns 30.000 homes e setenta naves. Levou a China moitos trofeos e embaixadores de máis de trinta reinos, incluíndo Alagonakkara de Ceilán, quen foi a China a se disculpar co emperador. A revista Life ubicou a Zheng He no posto 14 das persoas máis importantes do último milenio.
[editar] Biografía
Zheng He foi un eunuco musulmán de etnia Hui que serviu como confidente do emperador da China Yongle (gobernante de 1403 a 1424), o terceiro emperador da dinastía Ming. Chamado orixinalmente Ma Sanbao (馬 三保), procedía da provincia de Yunnan. Pertenceu á minoría Semur, orixinarios de Asia Central e practicantes do Islam. Tanto seu pai como seu avó viaxaran en peregrinaxe á Meca e Zheng He tería escoitado os relatos das súas viaxes a terras afastadas. Despois de que o exército Ming conquistara Yunnan foi cativado e castrado, converténdose así nun eunuco. O nome Zheng He púxollo o emperador. Estudou en Nanjing Taixue (Colexio Central Imperial). As súas misións exhibiron impresionantes demostracións da súa capacidade organizativa e poder tecnolóxico, pero non produciron grandes comercios xa que Zheng He foi un almirante e un oficial, non un mercador.
Zheng He navegou até Malaca no século XV e trouxo consigo unha princesa da China, a Princesa Hang Li Po. Ela tería que desposar o rei de Malaca. A princesa foi cos seus 1.500 servintes, os cales se asentaron eventualmente en Bukit Cina en Malaca. Os descendentes desta xente son coñecidos na actualidade como Baba (o título masculino) e Nyonya (o título feminino).
En 1424 o emperador Yongle faleceu. O seu sucesor, Hongxi (gobernante de 1424 a 1425), decidiu reprimir a influencia dos eunucos na corte. Zheng He realizou unha última viaxe baixo o goberno do emperador Xuande (gobernante de 1426 a 1435), pero despois diso as flotas de tesouro chinesas acabaron. A súa tumba está en Nanjing (outeiro de Niushou), e en 1985 foi restaurada. Tamén construíu os estaleiros de Nanjing, que aínda funcionan actualmente.
[editar] Ecos culturais
Unha recente teoría controversial levada a cabo por Gavin Menzies suxire que Zheng He circunnavegou o globo e descubriu América no século XV, anteriormente a Fernando de Magallanes e Cristóbal Colón. Esta teoría de 1421 encontrou pouco apoio entre historiadores.
Ligazóns externas
Véxase tamén
- Zhang Quian
- Faxian
- Xuanzang