Zidantas II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zidantas II, rei hitita, sucedeu a Hantilis II , sen que resulte moi clara a relación familiar entre estes dous reis. O seu reinado forma parte do chamado período escuro hitita (ou Reino Medio).
Pouco se sabe sobre o seu goberno, agás que é probábel que houbese unha guerra entre o reino hitita e Kizzuwatna, segundo se pode deducir do tratado de paz que asinaron posteriormente ambos estados, e do que se conservaron fragmentos que demostran a relativa debilidade dos hititas durante o período escuro.
Zidantas II foi sucedido por Huzziyas II, cuxa relación con Zidantas é descoñecida.
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Hantilis II |
Zidantas II (-?--?) |
Precede a: Huzziyas II |
- |