Arqueoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A arqueoloxía é a ciencia que estudia as artes, monumentos e obxectos da antigüidade, especialmente a través dos seus restos.
'Arqueoloxía (ven do grego archaios, 'vello' ou 'antigo', e logos, 'ciencia'), é unha disciplina dedicada ó estudo de antigas culturas humanas. A maioría dos primeiros arqueólogos, que aplicaron a orixe da súa disciplina ós estudos dos anticuarios, definiron a arqueoloxía como o "estudo sistemático dos restos materiais da vida humana xa desaparecida"; outros arqueólogos enfatizaron aspectos psicolóxico-condutistas e definiron a arqueoloxía como "a reconstrución da vida dos pobos antigos".
Nalgúns países a arqueoloxía ten sido considerada sempre como unha disciplina pertencente á antropoloxía; mentres que esta se centraba no estudo das culturas humanas, a arqueoloxía dedicábase ó estudio das manifestacións materiais destas. Deste xeito, en tanto que as antigas xeracións de arqueólogos estudaban un antigo instrumento de cerámica como un elemento cronolóxico que axudaría a poñerlle unha data á cultura que era obxecto de estudo, ou sinxelamente como un obxecto cun certo valor estético, os antropólogos verían o mesmo obxecto como un instrumento que lles serviría para comprender o pensamento, os valores e a cultura de quen o fabricou.
A investigación arqueolóxica estivo relacionada fundamentalmente á idade de pedra e á antiguidade; non obstante, durante as últimas décadas a metodoloxía arqueolóxica aplicouse a etapas máis recentes, como a Idade Media ou ó período industrial. Na actualidade, os arqueólogos dedican ocasionalmente a súa atención a materiais actuais, investigan residuos urbanos, o que se coñece como Arqueoloxía industrial.
Véxase tamén
- Antropoloxía
- Arqueoloxía industrial
- Arqueoloxía submarina