Bangalore - ಬೆಂಗಳೂರು
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bangalore (ಬೆಂಗಳೂರು en kannada) é a capital e cidade principal de Karnataka, na India. Ten 6.062.577 habitantes, o que a converte na quinta cidade do país. Importante centro dedicado á industria pesada e ás tecnoloxías da información.
[editar] Linguas
Kannada 31%, telugu 27%, tamil 20%, malaialam 5% e outras linguas 10%
A presenza de numerosas oficinas do goberno e de establecementos militares fan que o hindi sexa moi usado na cidade. O inglés tamén se emprega como lingua de intercomunicación entre xentes de diferentes orixes.
[editar] Historia
Pénsase que Kempe Gowda fundou Bangalore en 1537. En 1686 o Imperio Mogol conquistou a cidade, e en 1689 pasou a Chikkadevaraya, rei de Misore ata 1799 no que pasou a poder dos británicos.