Barnaul - Барнау́л
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Barnaul (Барнау́л en ruso) é unha cidade de 635.765 habitantes (2004), centro administrativo do krai de Altai. Localízase nas beiras do río Obi, no suroeste do Distrito Federal de Siberia.
Barnaul é unha das cidades máis antigas de Siberia. Fundouse en 1739, en 1771 conseguiu a categoría de cidade, e a comezos do século XX medrou ata converterse no maior centro comercial e cultural da rexión, especialmente logo da construción do ferrocaril Turkestán-Siberia